O pasado mércores 13 de setembro de 2023,  Ape Galicia, coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, desenvolveu a segunda edición do curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias esgotando as prazas dispoñibles. A acción celebrouse na sede central de APE Galicia, situada na rúa Gagos de Mendoza nº2, Baixo (Pontevedra).

Esta formación é unha pequena parte do programa de sensibilización en Xestión e Prevención de Riscos Laborais que se está levando a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. A través destas accións formativas preténdese evitar ou disminuir na medida do posible os perigos derivados da actividade laboral e promover a seguridade e saúde de todos os traballadores e traballadoras.

Durante esta formación teórico – práctica de 8 horas, os asistentes coñeceron a importancia de actuar de forma segura e eficaz ante unha emerxencia e adquiriron nocións básicas sobre primeiros auxilios e socorrismo.

O alumnado aprendeu da man de Emilio Aguete, instrutor do grupo Isonor, temas tan relevantes como son: o tratamento de contusións, feridas e hemorraxias; cómo proceder ante un traumatismo ou estado de inconsciencia; o modo correcto de actuar ante intoxicacións, mordeduras e picaduras; as pautas á hora de transladar a un ferido e en caso necesario, como realizar unha manobra de reanimación cardiopulmunar ou manexar un desfibrilador. Houbo tempo tamén para facer un achegamento ó lume: á súa prevención e mecanismos de extinción e, elaborouse un plan de emerxencia e evacuación.

Este curso, que xa se celebrou na Coruña durante o mes de xullo, chegará no mes de outubro á provincia de Lugo, coa colaboración de APREVAR e á de Ourense, da man de AME. En ambas localizacións quedan aínda prazas dispoñibles que se poden reservar en:  www.apegalicia.gal.

Seguindo con este programa de concienciación en materia de PRL, durante a mañá do xoves, levouse a cabo a última xornada formativa “prevención de riscos laboráis para persoas autónomas con e sin empregados” e que daba fin a esta primeira edición que se reanudará durante o mes de outubro.

Este ciclo de xornadas formativas comezaba o día 1 de setembro abordando o tema dos riscos psicosociais e acoso laboral: unha temática de recente actualidade ante a obriga das empresas de elaborar e establecer un plan de acoso tal e como establece a lexislación.

Para a segunda xornada, o día 8, a temática escollida foron os riscos ergonómicos profundizando nos derivados do teletraballo debido ao incremento desta modalidade nas empresas nos últimos tempos.

Pechando esta primeira edición, a última xornada versou sobre a prevención de riscos laboráis para o colectivo autónomo, co fin de concienciar sobre a importancia da prevención e da vixilancia da saúde na contorna laboral.

Debido á boa acollida deste tipo de formación e co obxetivo de dar visibilidade á importancia dos riscos laboráis, APE Galicia contará cunha segunda edición de todas elas no mes de outubro.

 

_

info@apegalicia.es

986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?