As entidades colaboradora do programa Renove Electrodomésticos, que xa son case 400, poderán tramitar a partir de mañá martes 20 de abril, as solicitudes das persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia que estean interesadas en participar no programa Renove Electrodomésticos, coas que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pretende chegar a 20.000 fogares.
Un total de 3 millóns de euros é a cantidade designada este ano para estas axudas, repartindo os apoios no 25% do prezo do electrodoméstico para o consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables serveros, puidendo unha axuda para un máximo de tres electrodomésticos.
As persoas que queiran renovar os seus equipos grazas a este plan terán que facelo antes do 30 de setembro por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.
Con esta nova convocatoria que enmárcase no Plan de Axudas ao Comercio Galego, a Xunta de Galicia prevé promover unha mobilización de 10,5 millón de euros, aforros económicos anuais de 560.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4050MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a creación de, aproximadamente, 150 postos de traballo.
As entidades que desexen adscirbirse ao programa como colaboradoras poden apuntarse ata o 30 de xuño. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible un listado de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.