A principal novidade que anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sobre a actualización de medidas para Fin de Ano, adoptadas trala reunión do Comité clínico, é a posibilidade que ten hostalería de abrir unha hora máis, de 17 a 18 horas, nos concellos que actualmente estean en nivel máximo e medio alto, o que quedará establecido unha vez finalicen as festas.

Para a noite de Fin de Ano, mantense o mesmo horario que houbo no Nadal, ampliándose ata a 1:30 horas a movilidade para poder retornar ao domicilio e o 1 de enero, a apertura dos locais queda as 11 da mañá, volvendo o día 2 ao horario de apertura habitual.

En canto a movilidade, o conselleiro informou que entre as 00 horas de hoxe, 30 de decembro e as 23 horas do día 1 de xaneiro permitirase que as persoas fagan visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopen perimetrados, o que será extensivo tamén para aquelas persoas que visiten Galicia durante estas festas e polo mesmo motivo.

En canto as reunións familiares, a consellería de Sanidade insiste nas recomendacións xa dadas polo Nadal, nas que o ideal é que estas reunións estén intregradas únicamente por persoas dunha mesma unidade familiar, sen límite no número de persoas.

Como segunda opción, as reunións poderán ser de dúas unidades familiares, cun límite de 10 persoas, tal e como estableceu o Plan elaborado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, e as reunións compostas por máis de dúas unidades familiares, non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo de 4 rapaces con idade no superior aos 10 anos.

MOVEMENTOS NOS NIVEIS

Por outra banda, o comité clínico acordou tamén que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, que forman perímetro conxunto, así como Noia e Lousame, que forman outro, pasen ao nivel máximo de restricións, e decidiu pasar ao nivel básico de restricións aos concellos de Lugo, Ponteareas y Rodeiro, co que se suprimirá a limitación de movilidade.

Igualmente, os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio-alto de restriccións.

Pola súa parte, Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois, terán unha vixianza especial trala evolución epidemiolóxica.

NORMATIVA

DECRETO 226/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201229/2523/AnuncioC3B0-291220-1_gl.html

ORDE do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201229/2523/AnuncioC3K1-291220-2_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?