O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu este mediodía para avanzar as novas medidas acordadas hoxe na reunión do comité clínico de expertos sanitarios e que entrarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo ás 00 horas, entre as que destacou as relacionadas cos horarios e aforos da hostalería e as reunións de non conviventes.
Así, Feijóo adiantou que a hostalaría poderá ampliar o seu horario limíte de peche das 18 horas que ten permitido ata o momento, ás 21 horas, agás nos concellos que se atopen no máximo nivel de restricións, Vilardevós, Paradela e Maside, que contan cunha incidencia acumulada a 14 días por riba de 500 casos, onde manteranse as restricións ata agora vixentes: a hostalaría pechada; non se permite a mobilidade fóra destes concellos, nin as reunións de non conviventes en ningún ámbito.
Ademáis do nivel máximo, haberá tres niveis máis de restricións segundo a incidencia acumulada, polo que os concellos cunha incidencia a 14 días entre 250 e 500 casos, Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo; permanecerán no nivel alto de restricións e seguirán cos mesmos criterios polo que a hostalaría só poderá abrir terrazas, co mesmo aforo do 50% de ocupación máxima, pero co horario ampliado ata as 21 horas.
Para os concellos do nivel medio, cunha incidencia a 14 días entre 150 e 250 e no que se atopan os municipios de Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles; a hostalería mantén o aforo do 30% no interior e do 50 % nas terrazas; quedando tamén o horario límite de peche ás 21 h.
Os concellos restantes, nos que a incidencia é inferior a 150 casos por 100.000 habitantes, ampliase o aforo da hostalería do 30 ao 50% no interior; nas terrazas sube o aforo do 50 ao 75%; e o horario límite de peche ata as 21 horas.
Así mesmo, o presidente do Goberno galego asegurou que tamén se actualizarán os aforos noutras actividades, como instalacións deportivas, centros culturais ou lugares de culto; pero que en ningún caso superarán o 50%.
A nivel xeral e seguindo as obrigas e recomendacións acordadas a nivel estatal, Galicia continuará pechada perimetralmente, o toque de queda permanecerá nas 22 horas, e as reunións quedarán limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior, estando prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.
Tras agredecer o esforzo de todos os galegos e as galegas e pedir que se continúe actuando con prudencia, Alberto Núñez Feijóo confirmou que estas medidas serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa.