Como a Seguridade Social ten previsto dende 2018 co incremento gradual de cuota para as persoas autónomas establecido no Real Decreto Ley 28/2018, o vindeiro mes de xaneiro de 2021 volverán a ter que pagar máis pola súa cuota.
Esta subida, que será dun 0,3%, sumáse á que lle correspondía este ano que non se aplicou ata este mes de decembro debido ao estado de alarma producido pola crise do Covid, polo que a cuota pasará a ter un tipo de cotización del 30.6%, o que supón 3 euros máis para os que coticen a cuota mínima.
Con estas decisión, o sector considera que o Goberno central non está sendo sensible coa dura situación que está a atravesar debido as restriccións sanitarias impostas para frear a transmisión do coronavirus, polo que piden unha nova moratoria da subida da cuota, aínda que as intención da Seguridade Social ata o momento e seguir adiante.
O colectivo de autónomos tamén quere que se teña en conta que o incremento acordou no ano 2018, cando a economía crecía un 3% pero, na actualidade, está caendo un 12%, polo que a situación deberíase revisar o pacto.
Os únicos que non terán que asumir a subida serán os autónomos beneficiarios da tarifa plana, xa que a cotización nestes casos é unha cuantía fixa de 60 euros durante os primeiros meses de alta dende xaneiro de 2019, cando xa se incrementou a cuota.