A Axencia Estatal de Administración Tributaria xunto con APE Galicia e o Colexio de Economistas de Pontevedra organiza a xornada formativa gratuíta “Servizos de información e asistencia. Administracións Dixitais Integrais” que se celebrará o vindeiro venres 1 de xullo ás 11 horas no salón de actos da delegación de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 45).

Máis polo miúdo, o obxecto da acción, que terá como relatores a Pablo Meijide Doval, administrador da ADI de Vigo, e a Imelda Capote Martín, delegada especial da AEAT de Galicia, é dar a coñecer a existencia e o funcionamento das ferramentas de asistencia virtual e particularmente as Administracións Dixitais Integrais (ADIs) e o servizo de información que prestan. En concreto, o programa estará centrado na análise das Administracións Dixitais das Administracións Dixitais Integrais coa resolución de dúbidas xerais e a posta en escena de exemplos prácticos sobre servizos especialmente relevantes para PEMES e persoas autónomas. Ademais, Meijide Doval e Capote Martín tamén afondarán no servizo PRE 303, tanto nas novidades de este ano 2022 como en futuros escenarios.

No acto de presentación do evento participarán tamén Imelda Capote Martín; o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez; e Diego Moledo Estévez, membro do Colexio de Economistas. A xornada formativa, que terá unha duración aproximada de dúas horas, será presencial e para participar é necesario inscribirse de maneira gratuíta en www.apegalicia.gal. Para máis información poden contactar connosco no teléfono 986 891 657.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?