O pasado martes 26 de agosto o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou cinco comercios en Pontevedra que recibiron axudas da Xunta de Galicia para fomentar a innovación e a sustentabilidade no sector. Durante a visita, estivo acompañado polo director territorial de emprego da Xunta en Pontevedra,, así como polos presidentes das asociacións Aempe Pontevedra, Zona Monumental, Galerías Oliva
e representando a Ape Galicia o seu presidente Jose Ramón Caldas e a sua vicepresidenta Silvia Crespo.
Os establecementos visitados foron: Juncal Alimentación, Heladería Stromboli, Xoiería Oliva, Jose Mogo e Macario Carnicería na Praza de Abastos. En cada parada, os comerciantes compartiron como estas axudas lles permitiron mellorar os seus negocios, destacando a aposta pola calidade, o deseño e a produción sostible.

Gabriel Alén destacou a importancia de combinar tradición, innovación e sustentabilidade no comercio para impulsar o consumo de proximidade.

A visita subliña a relevancia de proxectos que integran tradición e modernidade, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á dinamización do tecido comercial galego.