No día de onte, APE GALICIA celebrou o primeiro dos 7 Encontros Dixitais incluidos no programa REINICIA PONTEVEDRA (#PonteLoversPemes) para autónomos e Pemes, financiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Participaron 25 negocios, dos sectores da moda, publicidade, turismo, hostelería, gimnasios, formación e alimentación.
O título da primeira sesión foi «O novo cliente, recuperar e medrar». Os asistentes xeraron un coloquio sobre a oportunidade de recibir aos clientes con empatía nestas semanas tras o confinamento.
O vindeiro xoves 14, ás 15:30 horas, terá lugar o segundo encontro, centrado nos valores que foron reforados nesta crise: a solidariedade, o ser confiables e ser sostibles. Características que os clientes van pedir máis ás empresas.
Os asistentes coincidiron en que momento económico é de «gran incerteza»
Impartiu a sesión Miguel A. Souto Fraga, director da Consultora Cimak de Vendas e Marketing en Pontevedra, e experto formador en empresas.