Obxecto
Aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 12 de decembro de 2023.
As axudas en especie estarán destinadas á execución de servizos en empresas galegas, detallados no anexo III da devandita Resolución do 12 de decembro de 2023, e agrupados nas seguintes tipoloxías:
Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
– Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
– Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
– Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
– Servizos de Captación, Fidelización e Xestión de Talento.
– Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
– Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
– Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
– Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
– Servizos de preparación de procesos certificables.
– Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras. Innovación:
– Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
– Servizos de protección da innovación.
– Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.

Persoas Beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Para solicitar as axudas para a prestación dos servizos, tendo en conta as súas características, as pemes deben cumprir as seguintes condicións:
a) Para todos os servizos definidos no artigo 1, agás o «servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras» polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3, de acordo co informe do «cadro medio de traballadores en situación de alta» emitido pola Seguridade Social. Adicionalmente ao número indicado no devandito informe, poderán contabilizarse, se é o caso, o propietario, administrador ou familiares que traballen na empresa e legalmente incluídos no réxime de autónomos.
b) Para o «Servizo de desenvolvemento estratéxico integral da empresa», as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo.

Importe da axuda
O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 2.800.000 €, coa seguinte distribución plurianual: 1.100.000 € con cargo ao ano 2025 e 1.700.000 € con cargo ao ano 2026.

Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás
9.00 horas e rematará o 15 de novembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-261224-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?