Por motivo do día internacional das cooperativas e como pequena homenaxe para elas, achegamos un pouquiño de información para que podades conocer o seu funcionamento, organización e caracteríscas principais de estas asociacións.
O cooperativismo é un movento socio-económico que se fundamenta nos valores e principios da igualdade e equidade. Para iso, os individuos organízanse e asócianse por voluntade propia en empresas cooperativas de propiedade conxunta e democráticamente controladas para facer frente ás suas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais.
A diferencia entre una cooperativa e o resto de empresas recae en que son as persoas que participan na mesma cooperativa as que a dirixen, e o peso na toma de decisión é igual para todos os membros. As cooperativas teñen una base democrática e o seu foco está posto nas persoas; ademáis os beneficios son repartidos de forma igualitaria.
A orixe deste modelo creado en Alemania polos pioneiros de Rochadle, básase na necesidade de colaborar para acceder a un beneficio común, afianzar os recursos e mellorar a situación das persoas que forman parte desde proxecto.
Este modelo ten 7 principios de funcionamento:
- Adhesión aberta e voluntaria, polo que deben estar abertas a todas as personas dispostas a utilizar os seus servizos.
- Xestión democrática.
- Participación económica de socios e socias. As persoas asociadas deberán contribuir de forma equitativa e controlar democráticamente o capital desta empresa.
- Autonomía e independencia: si a cooperativa acorda con otras organizacións / administracións públicas, ou ten capital de fontes externas, este deberá ser utilizado en términos que aseguren control democrático e manteña a autonomía da mesma.
- Educación, entretemento e información. O modelo cooperativo ofrece educación e formación aos asociados de xeito que fomenta o desenvolvemento das empresas.
- Coperación entre as cooperativas.
- Compromiso ca sua comunidade.