Publícanse as bases das axudas do IGAPE para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros obtidos a través do ICO.
O prazo para solicitar esta axuda remata o 30 de Outubro de 2015
Publícanse as bases das axudas do IGAPE para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros obtidos a través do ICO.
O prazo para solicitar esta axuda remata o 30 de Outubro de 2015
O IGAPE quere favorecer o investimento das PEMES en Galicia polo cal convoca as bases reguladoras para a habilitación dunha liña de reavais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015), e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
APE Galicia, Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, en coordinación coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a desenvolver un programa de concienciación sobre a necesidade da concilación nas pequenas empresas galegas.
Dende APE Galicia somos conscientes de que representamos un porcentaxe moi elevado da poboación activa galega, e queremos que comprendan os beneficios que trae a implantación de medidas de conciliación en todos os ámbitos da vida, traballo, social e familia.
Para difundir esta mensaxe organizamos un Seminario de Conciliación e Corresponsabilidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra celebrado o luns 11 de maio ás 18.30 no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Rúa Fernández Ladreda.
Dende APE Galicia queremos que coñezades as carácterísticas e os requisitos que deben cumprir os gastos afectados a actividade para que sexan deducibles a hora de declarar o IRPF durante o exercicio 2015
O martes día 7 de abril comeza a campaña da declaración da renda correspondente o exercicio 2014, a cal poderá presentarse ata o 30 de xuño do 2015 para aqueles contribuintes que empreguen o programa PADRE.
Como de costume, a declaración dos afiliados o RETA ten as súas peculiaridades, polo cal trataremos de axudarvos a través desta publicación.