APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

BONO AUTÓNOMOS

¡Como xa viñamos adiantando nas nosas redes sociais, acaba de saír o tan ansiado bono para os autónomos!

No DOG de hoxe publícase a orde do 19 de xuño de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019, procedemento TR341Q).

Será un procedemento de concorrencia non competitiva e consistirá nun pagamento anticipado dunha subvención dun 80% da actividade por subvencionar, cun límite máximo de 3000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria. O fin é a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional. O prazo de solicitude comeza mañá e estará aberto ata o 2 de agosto.

AXUDAS DESTINADAS Á PREPARACIÓN E APLICACIÓN DOS PLANS DE PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES PESQUEIROS E ASOCIACIÓNS DE ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES PESQUEIROS

No DOG do 25 de xuño publícouse a orde do 11 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Flúor2019

Los alumnos del curso de márketing y comercio internacional acuden a "Flúor2019", Congreso Atlántico de Márketing Digital.

Flúor es el congreso de márketing más importante de Galicia. En él se reúne el talento más puntero en España en márketing digital para acercar las herramientas, técnicas y estrategias digitales más eficaces para marcas, empresas y negocios online.

SUBVENCIÓNS AUTOEMPREGO PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS

No DOG de hoxe publícase a Resolución do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 113 do 17 de xuño de 2019).

PROGRAMA TALENTO SÉNIOR

No DOG de hoxe publícanse as bases reguladoras das axudas para a contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas en Galicia (Programa Talento Sénior, proced. IN858A).