APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

XORNADA DE DIFUSIÓN: SANCIÓNS DE INDUSTRIA. ¿CÓMO PREVILAS? (VIGO)

Esta xornada Celebrouse o xoves 20 de novembro no Salón de Actos de Foncalor na Avda. Martínez Garrido nº 84 en Vigo, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Coa Colaboración de Foncalor, Asociación de Empresas de Instalación, Mantenimiento y Reparación de Agua Caliente Sanitaria, Calefacción, Climatización, Contra Incendios, Electricidad, Equipos a Presión, Fontanería, Frío Industrial, Gas, Productos Petrolíferos Líquidos, Refrigeración, Saneamiento y Ventilación.

Actividades do "Programa para o fomento do cooperativismo e a economía social"

APE Galicia, como membro integrado na Rede Eusumo, realizou nos mes de Outubro unha serie de actividades divulgativas no marco do "Programa para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social":

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Pontevedra, 17/10/2014

- Visitas formativas á Cooperativa Vitivinícola Arousana (Bodega e Viñedos Paco & Lola) en Meaño e Horsal, Sociedade Cooperativa Galega, en Cambados e Menú Degustación de Productos Cooperativos.

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Ourense, 22/10/2014

- Visitas formativas a Hortoflor 2, Sociedade Cooperativa Galega, e á Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G. e Menú Degustación de Productos Cooperativos.

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", A Coruña, 29/10/2014

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Lugo, 30/10/2014

Xa está dispoñible a galería de imaxes de cada unha das actividades na pestana "Galerías" da nosa web.

APE Galicia traballa para que os autónomos coñezan as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais e aprendan a xestionar eles mesmos os seus propios plans de prevención.

APE Galicia, no marco da Orde do 21 de marzo do 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da prevención de riscos laborais da Comunidade Autónoma de Galicia presenta un proxecto sobre a base do cal se conceden unha serie de actividades, entre esta está a impartición de xornadas técnicas formulada para promover a prevención entre traballadores autónomos de distintos sectores e realización de un estudo sobre a sinestralidade do sector servizos.
A participación nestes eventos é libre e gratuíta xa que se tratan de actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia

Novas xornadas "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", os días 29 e 30 de Outubro na Coruña e Lugo respectivamente

APE Galicia organizará dúas novas xornadas no marco do "Programa Coñecendo e Difundindo o Cooperativismo" mediante o que se pretende dar a coñecer o funcionamento e vantaxes das Cooperativas e resto de Empresas de Economía Social como formas de organización empresarial.
Tras o éxito das xornadas reallizadas en Pontevedra e Ourense, e para poder dar difusión o cooperativismo en toda a Comunidade, realizaranse dúas novas xornadas en A Coruña e Lugo.
A primeira terá lugar o día 29 de outubro na Asociación de Empresarias de A Coruña, na rúa Juan de la Cierva, 5, A Coruña, e comenzará ás 17.00 horas.
A de Lugo será o día 30 de outubro ás 10.00 na Asociación de Talleres de Reparación da provincia de Lugo (APREVAR) situada na estrada de Vegadeo 56.