COMENZA O PLAN REPENSA
Mañá, día 29 de maio, comezan as xornadas de Repensa dirixidas a emprendedores/ as
Mañá, día 29 de maio, comezan as xornadas de Repensa dirixidas a emprendedores/ as
ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Faise pública a ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341R).
Baixo o lema "Súmate", a Asociación de Jóvenes Empresarios ( AJE) de Pontevedra inicia unha campaña de captación de novos socios. AJE, ofrecendo tres meses de cota gratis ás novas incorporacións.
O Plan Repensa que organiza APE Galicia xunto co Concello de Pontevedra xa está en marcha. Nestes días, a entrada do concello, poderedes ver un stand no que atoparedes folletos informativos para emprendedores e persoas transmisoras dun negocio.
O plan REPENSA é unha iniciativa da Asociación APE Galicia coa que colaboran activamente o Concello de Pontevedra e ILES. O obxectivo deste proxecto é impulsar o comercio local e evitar o peche de establecementos no concello por mor da xubilación a través dun relevo xeneracional.
Preténdese pois levar da man a todas aquelas persoas que desexen apostar pola continuidade dun negocio a través dunha serie de actividades, conferencias, congregacións...