APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

INFÓRMATE DO PLAN REPENSA Á ENTRADA DO CONCELLO

O Plan Repensa que organiza APE Galicia xunto co Concello de Pontevedra xa está en marcha. Nestes días, a entrada do concello, poderedes ver un stand no que atoparedes folletos informativos para emprendedores e persoas transmisoras dun negocio.

CHEGA O PLAN REPENSA 2018

O plan REPENSA é unha iniciativa da Asociación APE Galicia coa que colaboran activamente o Concello de Pontevedra e ILES. O obxectivo deste proxecto é impulsar o comercio local e evitar o peche de establecementos no concello por mor da xubilación a través dun relevo xeneracional.
Preténdese pois levar da man a todas aquelas persoas que desexen apostar pola continuidade dun negocio a través dunha serie de actividades, conferencias, congregacións...

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes.

Faise pública no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (PR937A).

REDE EUSUMO - Curso Mecano de Economía Social

O curso Mecano de Economía Social, que se desenvolverá na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, baséase en ir ensamblando, a través de sete dinámicas, as pezas do Box ata chegar á construción final dun proxecto de economía social.