O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE na que se recollen as bases reguladoras para o programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas.
O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.
O DOG fai pública hoxe a ORDE do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR 341Q).
ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Faise pública a ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341R).