O programa de Capacitación para mozos e mozas directivos/as das cooperativas pretende que as persoas máis novas que xa emprenderon oou van a emprender un cargo na xerencia ou na dirección de cooperativas coñeza as estratexoas, plans, retos, habilidades etc que este posto implica.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboraicón impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
Bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, ás que se prestarán servizos de diagnose ou análise do estado e potencial da RSE, formación e implantación das primeiras accións, a través do programa Responsabilízate.
Queremos recordarvos que segue aberta a Liña de apoio á prevención de Riscos Laborais TR852A. Recalcamos de novo a información máis relevante da axuda.
O Diario Oficial de Galicia publica o día 3 de xullo a ORDE na que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a acción formativas de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na comunicade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. Este ano faino engadindo unha nova liña: Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.
O DOG fai pública as bases reguladoras e convocatoria das axudas para novos emprendedores (Programa Galicia Emprende), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, por si fosen do interese dos seus asociados.