APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

NOTA SOBRE EL USO DE PRODUCTOS BIOCIDAS PARA LA DESINFECCIÓN DEL COVID-19 (Ministerio de Sanidad)

En relación a los dispositivos de ozono:

"Ante la proliferación en el mercado de dispositivos productores de ozono, este Ministerio advierte que el ozono al igual que otros biocidas:

- No se puede aplicar en presencia de personas.
- Los aplicadores deben contar con los equipos de protección adecuados.
- Al ser una sustancia química peligrosa, puede producir efectos adversos. En el inventario de clasificación de la ECHA (Agencia Europea de Sustancias y Mezclas Químicas) se notifica la clasificación de esta sustancia como peligrosa por vía respiratoria, irritación de piel y daño ocular.
- Se deberá ventilar adecuadamente el lugar desinfectado antes de su uso.
- Puede reaccionar con sustancias inflamables y puede producir reacciones químicas peligrosas al contacto con otros productos químicos."

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS PARA OFICINAS, SUPERMERCADOS E OBRAS DE REHABILITACIÓN, REFORMAS E REPARACIÓNS EN EDIFICACIÓNS CORONAVIRUS

Achegámosvos o protocolo de actuación fronte ao COVID-19 para as tarefas de OFICINA, co fin de garantir que os traballos desempeñados non supoñan un risco para a seguridade e saúde dos/as traballadores/as. Incluímos tamén as medidas preventivas para SUPERMERCADOS e OBRAS DE REHABILITACIÓN, REFORMAS E REPARACIÓNS EN EDIFICACIÓNS CORONAVIRUS publicadas polo ISSGA,

Nel inclúense medidas preventivas para adaptar na vosa empresa, así como algúns carteis que podedes imprimir e pegar de forma visible.

Con respecto ao teletraballo: se adxunta dous documento do ministerio, un é un cuestionario de como debería llo posto de traballo en casa, e outro sobre recomendacións para evitar riscos psicosociais.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.

APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES

A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo

A Administración autonómica prepara a reapertura nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, que retomarán a súa actividade cun sistema de cita previa

Outra das medidas acordadas no seo do Cecop foi a de clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes, que está autorizada

Poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes tanto en espazos ou elementos comúns en edificios con residentes

Acordouse estender ao mes de maio o pago da mensualidade do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social, polo que a Xunta cubrirá ao 100 % o custe do alugueiro da vivenda de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos

Foi aprobado a posta en marcha da elaboración dun Plan de Seguridade Hixiénico-Sanitaria para establecementos turísticos, así como certificacións de calidade e seguridade sanitaria

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS PARA TENDAS DE ALIMENTACIÓN E GASOLINEIRAS

Consulta os últimos documentos técnicos elaborados polo ISSGA - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia relativos aos sectores de:

- Tendas de alimentación: Cartel e flyer informativo con recomendacións preventivas nas TENDAS DE ALIMENTACIÓN sobre: medidas previas ao comezo da actividade, distancia de seguridade, hixiene e limpeza e medidas organizativas.

- Gasolineiras : Cartel e flyer informativo con recomendacións preventivas nas GASOLINEIRAS sobre: medidas previas ao comezo da actividade, distancia de seguridade, hixiene e limpeza e medidas organizativas.

Últimos días para inscribirse no Proxecto Piloto de Mentoring para autónom@

O proxecto piloto de mentoring promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo axudar a 200 autónom@s de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, co acompañamento para a consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

O prazo de inscrición para participar no proxecto remata o 30 de abril de 2020, polo que si estades interesados/as, podedes contactar con APE Galicia onde vos informaremos e axudarémosvos a formalizala.