Bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, ás que se prestarán servizos de diagnose ou análise do estado e potencial da RSE, formación e implantación das primeiras accións, a través do programa Responsabilízate.
Queremos recordarvos que segue aberta a Liña de apoio á prevención de Riscos Laborais TR852A. Recalcamos de novo a información máis relevante da axuda.
O Diario Oficial de Galicia publica o día 3 de xullo a ORDE na que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a acción formativas de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na comunicade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. Este ano faino engadindo unha nova liña: Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.
O DOG fai pública as bases reguladoras e convocatoria das axudas para novos emprendedores (Programa Galicia Emprende), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, por si fosen do interese dos seus asociados.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE na que se recollen as bases reguladoras para o programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas.