APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

Comeza o Taller " EMPAQUETA-2"

Comezamos co Programa Formativo para Autónomos e Emprendedores que organiza APE Galicia coa Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.
Hoxe e mañá no Taller de EMPAQUETA-2, aprenderemos o importante que é a imaxe que o cliente leva á súa casa de forma física, xa sexa nunha bolsa, ou en forma de paquete para agasallo o cal dá moita información do noso produto e do noso negocio.

VENRES AUTÓNOMO EN FERROL

O vindeiro venres 15 de novembro ás 9.30 horas non Hotel Carrís Almirante de Ferrol, celebrarase o terceiro VENRES AUTÓNOMO.
Con esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria dá Xunta de Galicia, pretende darlle voz ao colectivo autónomo, colectivo prioritario para ou Goberno galego.
Podes consultar o programa e realizar a inscrición na seguinte ligazón: http://oficinadoautonomo.gal/gl/venres- autonomos

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA AUTÓNOMOS E EMPRENDEDORES

Durante os meses de novembro e decembro APE GALICIA comezará o Programa Formativo para Autónomos e Emprendedores financiados polo Concello de Pontevedra, que inclúe diferentes Talleres gratuítos e presenciais que se desenvolverán na sede desta asociación na c/ Gagos de Mendoza nº 2 Baixo 2 de Pontevedra.
Pode contactar connosco para ampliar esta información ou inscribirse en info@apegalicia.es ou chamando ao teléfono 986 891 657.

A VII Mesa do Emprego Autónomo celébrase na sede principal de APE Galicia

A nosa en sede sede principal foi escollida para celebrar a VII Mesa do Emprego Autónomo que se celebrou na tarde de onte. co obxectivo de continuar desenvolvendo as liñas de actuación enmarcadas na Estratexia do Emprego Autónomo 2017-2020 da Xunta de Galicia en materia de traballo por conta propia, ademais de valorar as medidas adoptadas por parte do Executivo autonómico no que vai de ano.

XORNADAS DE PRL DURANTE O MES DE OUTUBRO

Durante o mes de outubro, APE Galicia continúa realizando as XORNADAS DE PRL dirixidas a sectores como ALIMENTACIÓN, HOSTALERÍA, PEQUENO COMERCIO ou CONSTRUCIÓN.
O obxectivo principal destas xornadas é o de concienciar do importante que é que os autónomos adopten unha cultura preventiva no mundo laboral, e que estas medidas non se tomen unicamente como unha obrigación, senón como unha mellora para o seu benestar laboral, económico e persoal.
Están dirixidas principalmente ao colectivo autónomo, ao que APE Galicia representa, pero poden asistir calquera persoa que estea interesada nas mesmas.
Para máis información poden enviar un correo a info@apegalicia.es ou ben chamar ao 986 891 657 onde se lles dará toda a información que necesiten.
Os lugares elixidos para as xornadas son: Pontevedra ( Ape Galicia), Lugo ( AELU), Porto do Son, Marín ( Estrela de Marín), Santiago de Compostela ( CCA Monumental), Viveiro ( CCH VIVEIRO), Ferrol ( AEF), Palas de Rei, Ourense, Carballiño e Porto do Son.

INFÓRMATE NO 986 891 657 ou envíanos un correo a info@apegalicia.es

XORNADAS DE PRL EN DISTINTOS PUNTOS DA COMUNIDADE

Continuamos coas 𝑿𝑶𝑹𝑵𝑨𝑫𝑨𝑺 𝑫𝑬 𝑷𝑹𝑬𝑽𝑬𝑵𝑪𝑰Ó𝑵 𝑫𝑬 𝑹𝑰𝑺𝑪𝑶𝑺 𝑳𝑨𝑩𝑶𝑹𝑨𝑰𝑺 para os 𝑺𝑬𝑪𝑻𝑶𝑹𝑬𝑺 de:

𝑪𝑶𝑵𝑺𝑻𝑹𝑼𝑪𝑰Ó𝑵.👷‍♀️👷‍♂️🧱⛏⚒🔧 𝑯𝑶𝑺𝑻𝑨𝑳𝑬𝑹Í𝑨 🍻🍷☕️🥃🍱 𝑨𝑳𝑰𝑴𝑬𝑵𝑻𝑨𝑪𝑰Ó𝑵.🍎🍐🥖🍞 𝑪𝑶𝑴𝑬𝑹𝑪𝑰𝑶. 👠🧤🎩👗👓🧵

Serán impartidos en distintos puntos de Galicia:
𝑃𝑜𝑛𝑡𝑒𝑣𝑒𝑑𝑟𝑎, 𝑀𝑎𝑟í𝑛, 𝐵𝑎𝑖𝑜𝑛𝑎, 𝐶𝘩𝑎𝑛𝑡𝑎𝑑𝑎, 𝐿𝑢𝑔𝑜, 𝑂𝑢𝑟𝑒𝑛𝑠𝑒, 𝑁𝑎𝑟ó𝑛, 𝐵𝑜𝑖𝑟𝑜, 𝑆𝑎𝑛𝑡𝑖𝑎𝑔𝑜 𝑑𝑒 𝐶𝑜𝑚𝑝𝑜𝑠𝑡𝑒𝑙𝑎 𝑒 𝑇𝑢𝑖.

Informámosche en info@apegalicia.es ou no teléfono 9️⃣8️⃣6️⃣8️⃣9️⃣1️⃣6️⃣5️⃣7️⃣