APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

APE GALICIA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON UPTA ESPAÑA

Esta mañá, na sede da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia ( APE Galicia), en Pontevedra, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a devandita entidade e a Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos de España, ( UPTA ESPAÑA).

Este convenio permitirá desenvolver actividades conxuntas en beneficio do colectivo autónomo e que APE Galicia véxase representada a nivel nacional ante as principais institucións españolas e da Unión Europea.

REMATA O TALLER “FACILITA 2.0 RGPD”

Onte terminou o taller "FACILITA 2.0 RGPD” onde os asistestentes aprenderon a utilizar FACILITA RGPD 2.0, ferramenta de axuda á implantación do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos destinada a aquelas empresas que realizan tratamentos de datos persoais que, a priori, implicarían escaso nivel de risco para os dereitos e liberdades das persoas cuxos datos tratan. O programa FACILITA 2.0, permite xunto coa creación dunhas sinxelas fichas de toma de datos, o manexo dos novos requisitos que marca o Regulamento de Protección de datos de carácter persoal.

Comenza o Taller " DIXITALÍZATE"

O luns 2 de decembro comezamos co taller " DIXITALÍZATE" onde aprenderemos como usar as nosas RRSS (Facebook, Instagram e Whatsapp) e outras ferramentas creativas de utilidade para que o teu negocio funcione con éxito no mundo dixital.

APE Galicia e a Concellería de Promoción Económica del Concello de Pontevedra poñen en marcha este taller con el obxectivo de facilitarche as ferramentas necesarias e os coñecementos básicos que como responsable dunha pequena o mediana empresa o emprendedor, necesitas para que o teu negocio funcione con éxito nel mundo dixital.

Preto del 70% dos consumidores utilizan os perfís en Redes Sociais dunha empresa para obter información sobre os seus servizos, e es por iso que na actualidade, a transformación dixital, independentemente del tamaño da empresa, xa no es unha opción, es a garantía da súa supervivencia.

O uso das redes sociais de forma adecuada fará que a túa estratexia dixital sexa moito máis efectiva e nós queremos ensinarche como facelo. Pode terse un negocio espectacular pero non saber mostralo na internet, para iso imos tratar os pasos a seguir e todo o que necesitas saber para que o teu negocio funcione con éxito no mundo dixital.

Curso dirixido a traballadores autónomos ou empregados e emprendedores que queiran poñer en macha ou mellorar o funcionamento das RRSS dos seus negocios para obter resultados de éxito no mundo dixital..

Se estás interesado/a podes contactar connosco no teléfono 986 891 657 ou enviándonos un correo cos teus datos a info@apegalicia.es

APE GALICIA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON A ASOCIACIÓN RIANXEIRA DE EMPRESARIOS

No día de onte procedeuse á firma dun convenio entre APE Galicia e ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios), na firma do mesmo interviñeron os presidentes de ambas as asociacións, D. José Ramón Caldas Martínez ( APE Galicia) e D. Luís Duro Martínez ( ARE).

En aras de axuntar esforzos, APE Galicia e ARE traballarán de forma conxunta para coñecer, de primeira man, as necesidades dos profesionais e autónomos dos concellos de Rianxo,

A Asociación Rianxeira de Empresarios, leva traballando desde o ano 1988 na defensa dos intereses dos seus asociados, traballadores e traballadoras autónomas dos sectores do comercio, a hostalería e servizos do Concello de Rianxo. De ARE depende directamente CCA de Rianxo Comercio Unido desde o ano 2005.

TALLER DE "ATENCIÓN AO CLIENTE E CALIDADE DO SERVIZO"

Sabes como atraer clientes?
Aproveitas todas as oportunidades que che permiten captar e fidelizar clientes.?
O cliente, sempre ten a razón?
Sacas partido das queixas dos teus clientes?
Queres coñecer estratexias para aumentar as túas vendas?

Unha das vantaxes que poden ofrecer os pequenos comercios e negocios, a diferenza das grandes multinacionais ou o comercio online, é a atención personalizada, ademais dunha atención ao cliente específica e de calidade, pero son moitas as ocasións nas que non se lle dá a suficiente importancia, ou non se é capaz de explotala ao máximo., por isto o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 20:30 dará comezo o Taller de "ATENCIÓN AO CLIENTE E CALIDADE DO SERVIZO", onde poderás adquirir habilidades, recursos e técnicas para mellorar a relación e ou trato co teu cliente e para poder satisfacer as súas expectativas, mellorando a calidade do servizo que prestas da man de Miguel A. Souto, experto Consultor e Docente en áreas coma Marketing, Comercial, Dixitalización, Estratexia, Emprendeduría, Liderazgo, e Habilidades directivas.

Convidámosche a que participes neste curso gratuíto que organiza APE Galicia, financiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Se queres inscribirche ou necesitas máis información podes contactar connosco no 697 195 540.

Comeza o Taller "IDENTIDADE & MARKETING VISUAL"

Comezamos esta semana co Taller de IDENTIDADE & MARKETING VISUAL, de novo impartido por Cany Juncal Ave, docente con ampla experiencia en escaparatismo e experta en comunicación visual e retail.
Os dous últimos días deste taller (mércores e xoves) dedicarémolos a deseñar a decoración de espazos de negocio para as festas do Nadal.

Convidámosche a que participes neste curso gratuíto preparado por APE Galicia que organiza a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, e que será impartido por Cany Juncal, experta en comunicación visual e retail. Aprenderás a dominar as técnicas do visual merchandising e escaparatismo para aplicalas no teu negocio.