Tal e como expresou o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas: “A situación das 200.000 persoas traballadoras autónomas en Galicia é totalmente crítica, están ao límite das súas posibilidades, polo que o que precisan son respostas inmediatas e eficaces e non confrontacións que non levan a ningunha parte e non achegan nada positivo, máis nada que incerteza e máis atrasos en accións que son necesarias agora máis que nunca. É momento de traballar xuntos”.
Máis de 150 millóns de euros será o que en total terá aportado ata agora a Xunta de Galicia para axudar a estes sectores, segundo o anunciou onte o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa comparecencia na Cámara galega para informar da evolución da pandemia e das medidas tomadas para afrontala
Publicada no DOG as novas medidas restritivas polo preocupante aumento dos contaxios do Covid-19 no territorio galego decididas polo Comité Clínico da Xunta de Galicia que analiza a evolución da pandemia na nosa comunidade, e que estarán en vigor como mínimo do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro de 2021, afectando a toda Galicia.
O obxecto das medidas incorporadas no Real-Decreto Lei 2/2021, de 26 de xaneiro, é o de efectuar os axuste necesarios para manter e axilizar as medidas de apoio que se estableceran na anterior norma de reforzo e consolidación do emprego, e que se seguen considerando imprescindibles de cara á recuperación do tecido produtivo, tendo en conta a situación crítica que se está a atravesar pola evolución da pandemia.
O presidente de APE Galicia, Xosé Ramón Caldas, e o de a Confederación de Empresario de A Coruña, Antonio Fontenla firmaron hoxe un convenio de colaboración co que pretenden mellorar e ampliar a oferta formativa para os seus asociados con condicións preferentes.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, corraborou ante as tres asociacións de autónomos que forman parte da Mesa, Ape Galicia, Agtamar e ATA Galicia; a información que onte adiantou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en relación ao segundo Plan de Rescate a Persoas Traballadoras Autónomas, Microempresas e hostalería que contará con polo menos 50 millóns de euros de orzamento por parte da Xunta de Galicia