O próximo luns 22 de febreiro ás 12 horas a través de videoconferencia, D. Juan Lirón Lago presentará e resolverá todas as cuestións relativas a orde desta segunda fase de axudas ao sector da Xunta de Galicia.
A partir de mañá venres 19 de febreiro poderáse solictiar as axudas tanto para o Programa I para as persoas traballadoras autónomas e o Programa II para microempresas
ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 17 de febreiro e finalizarán ás 00:00 do día 3 de marzo.
A Escola Galega de Administración Pública - EGAP xunto co ISSGA - Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia convoca dous cursos básicos de prevención de riscos laborais 👷♀️👷.
🔹 300 prazas do curso Prevención de riscos laborais. Nivel básico
🔹 100 prazas do curso Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre. Nivel básico
📋 Prazo de inscrición aberto a partir de mañá, 17 de febreiro, ás 9 horas en https://egap.xunta.gal/matricula Consulta os detalles na web 👇
https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3580
A Xunta prevé concluír esta semana a tramitación administrativa do segundo plan de rescate para autónomos, microempresas, establecementos hostaleiros e outras actividades pechadas polas restricións impostas para evitar a proliferación da pandemia da covid-19.
Tal e como se prevía a Xunta de Galicia adiantounos o borrador da orde para a tramitación destas subvencións, aínda que non estará finalizada ata mediados deste mes de febreiro, como pronto, debido aos filtros do proceso administrativo.