APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

APE Galicia e UPTA lanzan un curso online e gratuíto para adquirir competencias dixitais

UPTA, en colaboración con APE Galicia, está a levar un proxecto formativo dirixido a persoas traballadoras autónomas, traballadores e traballadoras por conta allea e traballadores e traballadoras en situación de ERTE.
En concreto, trátase dun curso oficial en competencias dixitais, cunha duración total de 30 horas, que se impartirá en modalidade virtual titorizada. Esta formación é unha gran oportunidade para aquelas persoas que queiran dixitalizar a súa empresa ou posicionala no xigante de Internet, ou simplemente para aprender e ampliar coñecementos sobre como xestionar o avance tecnolóxico.

O Goberno de España lanza a nova Lei “Crea e Crece”

O Congreso dos Deputados aprobou de forma definitiva a Lei de Creación e Crecemento Empresas (Crea e Crece), dirixida a facilitar a creación de empresas, reducir os custes económicos, simplificar os trámites para a súa constitución, reducir obstáculos regulatorios, loitar contra a morosidade e impulsar o seu crecemento e expansión.

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para solicitar as subvencións do programa Xempre Emprendemento

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das subvencións Xempre Emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento das persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR880A).