APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

Publicadas as axudas directas do programa Impacto Autónomo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (TR890A)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases da convocatoria da primeira edición desta iniciativa, que conta cun investimento de 30 millóns de euros e ofrece axudas directas ás persoas autónomas de entre 800 euros e 1.500 euros para minimizar o impacto da suba dos custos en materias primas e dos subministros como os enerxéticos, que están a afectar e condicionar a actividade económica das persoas traballadoras por conta propia e microempresas.

Os apoios van dirixidos ás persoas autónomas dadas de alta no Reta ou Réxime do Mar, incluídas as societarias e microempresas con ata 10 traballadores e mutualistas, que terán que presentar uns rendementos netos mínimos de 10.000 euros e máximos de 30.000 euros no último exercicio económico pechado (2021)

Para o caso dos autónomos societarios, ademais de cumprir co requisito de ter rendementos netos da actividade económica ou de traballo a nivel individual, a facturación da sociedade deberá ter un mínimo de 50.000 euros e non poderá superar os 750.000 euros. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os traballadores por conta propia de tempada que están de alta no momento da presentación da solicitude de axudas, e que teñan estado de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses nos anos 2021 e 2022.

A contía dos apoios establecerase en función dos rendementos netos e conforme á escala que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Para as persoas autónomas de tempada, os importes reduciranse á metade. É preciso indicar que estas axudas son compatibles con calquera outro tipo de apoio da Xunta que impulsen o emprego autónomo. Para aquelas actividades que se desenvolvan en establecementos fixos abertos ao público, o negocio deberá estar aberto ao público durante os seis meses posteriores á publicación da orde de axudas.

Esta convocatoria da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade conta cun orzamento de 30 millóns de euros, e poderán presentarse as solicitudes desde o 9 de xaneiro ata o 9 de febreiro.

O novo sistema de cotización para persoas traballadoras por conta propia implántase a partir do mes que vén e aínda segue a ser un gran descoñecido para moitas persoas autónomas

O novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas ponse en marcha a partir do 1 de xaneiro de 2023 e calcularase en función dos ingresos de cada persoa. Trátase dunha das reformas máis importantes vividas ata o de agora polo Réxime Xeral de Traballadores Autónomos e da que a día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento entre distintos sectores de autónomos. O Real Decreto-Lei foi aprobado polo Congreso dos Deputados o 25 de agosto do 2022.

A Xunta de Galicia organiza a xornada Retos ASG de Grandes e Pequenas Empresas, no marco do Programa Responsabilízate

O vindeiro martes 13 de decembro ás 12 horas, na Confederación de Empresarios de La Coruña dará comezo a xornada na que se presentará o Programa Responsabilízate e se abordarán os Retos ASG que enfrontan grandes e pequenas empresas. No acto participarán Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios de La Coruña; a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.

A Xunta de Galicia lanza axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu (código de procedemento TU986B)

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, asiste á xornada de Dinamización Empresarial en Santiago de Compostela

No evento analizouse o reto da simplificación administrativa e o papel das entidades locais e das administracións públicas para conseguir atraer os investimentos e ás empresas ao noso territorio. E, ademais, tamén se deu a coñecer o funcionamento da Oficina Galicia Empresa, un soporte para as novas empresas que lles ofrece múltiples servizos

APE Galicia dá o pistoletazo de saída ao certificado de profesionalidade gratuíto de "Organización e xestión de almacéns"

APE Galicia deu comezo esta mesma tarde, na súa sede de Pontevedra, á formación totalmente gratuíta de “Organización e xestión de almacéns”, dirixida a persoas desempregadas que queiran ampliar coñecementos neste ámbito. A formación, dirixida a persoas desempregadas, permitirá ás alumnas e alumnos exercer profesionalmente nesta área laboral.