APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, publicou recentemente as axudas a comercios e talleres artesáns para a súa transformación dixital e modernización. (Procedemento CO300C)

Os apoios autonómicos están orientados á implantación ou actualización de páxinas web con ou sen venda en liña, adquisición de sistemas TPV, tablet ou impresora de código de barras térmica, ferramentas de márketing dixitais, loxística e-commerce ou xestor de redes sociais, sistemas de click and collect, imaxe dixital e sistemas dixitais de control de accesos entre outros.

En total, este ano a Xunta de Galicia destina 24 millóns de euros a impulsar a competitividade do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito.

PUBLICADAS AS AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE), A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL 2023

A Xunta de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria de axudas para fomentar a implantación de medidas de igualdade laboral, conciliación e de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Dirixido a pemes, micropemes e traballadores autónomos con traballadores por conta allea e domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica e estean constituídas no momento de presentar a solicitude.

O prazo de solicitude comprende:

Desde 11/02/2023 (00:00h) – ata 10/03/2023 (23:59h)

Máis información en www.apegalicia.es

APE Galicia asina un convenio de colaboración con Executivas de Galicia

APE Galicia asinou a pasada semana un convenio de colaboración con Executivas de Galicia co obxectivo de promover o papel da muller traballadora autónoma e de negocios na nosa comunidade, fomentar políticas de igualdade de oportunidades, e contribuír á proxección, recoñecemento e visibilidade do autoemprego feminino.

Por mor deste convenio, establécese un marco de colaboración para organizar conxuntamente diferentes actividades de interese para ambas as asociacións, ademais de poñer en valor ao colectivo autónomo feminino, que en Galicia supera o 40% do total dos traballadores por conta propia, sendo así una das comunidades, xunto con Asturias, onde o emprego autónomo feminino ten maior peso.

Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación

A Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan Galicia Emprega co obxectivo de incentivar o traballo na empresa, que este ano aumenta un 35% o seu orzamento ata case 17,5 millóns para inserir no mercado laboral a 2.2000 persoas desempregadas de distintos colectivos, aos que se suma este ano como novidade unha liña específica para inmigrantes retornados.

Esta iniciativa financia parte do custo do contrato e tamén contempla incentivos para a transformación a tempo completo, ademais de por cada contratación indefinida inicial que se realice, a empresa, poderá solicitar ata 4.000 euros para formación no centro de traballo.

Galicia Emprega, así mesmo, prevé incentivos para a transformación de contratos de tempo parcial a tempo completo, para a adaptación de postos de traballo para as persoas con discapacidade e para o incremento de duración dos contratos fixos descontinuos.

A estes apoios poden acceder as persoas traballadoras autónomas, pemes , centros especiais de emprego, as entidades sen ánimo de lucro e as empresas de inserción laboral para a contratación de persoal.

Programa BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS (Procedemento TR341Q)

Hoxe publícase no DOG as bases e a convocatoria as axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que poderánse solicitar a partir de mañá mércores, 25 de xaneiro.

Poderase conceder esta axuda para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

A diferencia cos anos anteriores, é que os investimentos deben estar realizados e pagados no momento da presentación da solicitude.

Esta axuda terá unha liña de mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética, investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos, compra de utensilios e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamento informático, equipamento de oficina e/ou negocio, rótulos, aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais, deseño de marca.

As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021, poderán ser beneficiarias desta axuda.

A Xunta de Galicia pon en marcha este programa a partir de mañá e conta cun orzamento de 8.000.000 de euros.

XEMPRE AUTÓNOMO (Procedemento TR341D - Promoción do emprego autónomo)

A partir de mañá mércores, 25 de xaneiro, poderase solicitar as axudas destinadas á promoción do emprego autónomo, XEMPRE EMPRENDE, que a Xunta de Galicia pon a disposición daquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

A contía das axudas parten dos 2.000 euros, con incrementos son acumulables dependendo da situación de cada persoa solicitante, sendo a contía máxima posible os aplicando todos eles de 10.000 euros, e un dos requisitos a cumprir unha vez concedida a axuda e a de manter a alta no RETA, réxime especial ou mutualidade durante un mínimo de 24 meses.

O orzamento destinado a esta axuda ascende a 12.000.000 de euros, e o prazo para solicitala estará aberto do 25 de xaneiro ao 29 de setembro este ano.