APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade subvenciona a contratación de dúas persoas mozas desempregadas en APE Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do emprego e Igualdade, subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas acollidas ao programa de Garantía Xuvenil na Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia)

Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

O Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, no marco do FSE, para o período 2014-2020 ten como obxectivo dotar de instrumentos á Iniciativa de emprego xuvenil co fin de loitar contra o desemprego entre as persoas mozas.

BONO ACTIVA COMERCIO

A XUNTA DE GALICIA, DESDE A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN PON EN MARCHA O BONO ACTIVA COMERCIO
Desde o día 9 de maio os comercios retallistas interesados poderán adherirse ó programa sempre que cumpran os requisitos tal e como vense de publicar no Diario Oficial de Galicia.
Será a partir do próximo día 15 de maio cando os consumidores poderán solicitar e descargar dos Bonos para ser utilizados nos establecementos adheridos.

PR937A SUBVENCIONS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E O EMPRENDEMENTO DE PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS NA COMUNIDADE AUTONOMA GALEGA

A Secretaria Xeral da Emigración publicou o pasado 13 de abril no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor vai dirixida aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe e que teñan decidido poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos orixinados pola posta en funcionamento do negocio, as axudas van desde 6.000 ata 10.000 euros de subvención.
O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de abril ata o 29 de setembro deste mesmo ano.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Sempre que cumplan os requisitos da convocatoria
As persoas solicitantes deberán presentar a documentación requerida a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/

FINALIZA O CURSO DE ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

O pasado día 12 de abril remataba o Curso correspondente ó Certificado de Profesionalidade en Organización e Xestión de Almacéns (COML0309). A formación foi financiada por la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Trabajo y Economía Social do Gobierno de España e polo Servicio Público de Empleo Estatal.
O curso, que comenzaba o 28 de novembro do pasado ano, tivo unha duración total de 408 horas.
Das 408 horas, 80 correspondían ó módulo de prácticas laborales no profesionales que foron realizadas nas seguintes empresas de Pontevedra: Grupo Nogar, Arnoia Distribución de Libros S.A., El Percebeiro S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Krack Zapaterias e VexedShoes.

TALLERES DE PROMOCIÓN COMERCIAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

APE Galicia pon en marcha, coa colaboración do Concello de Pontevedra, uns talleres- reunións cos que pretende potenciar e actualizar a actividade comercial do pequeno comercio en diferentes áreas da cidade de Pontevedra mediante ciclos explicativos e reunións one to one.
Tratarase de explicar de forma clara e concisa puntos quentes e fríos de cada establecemento, como deben expoñer o seu produto e como potenciar a súa imaxe cara os clientes a través do seu escaparate, sen deixar atrás as novas tecnoloxías e o comercio electrónico.
Comezaremos coas reunións one to one, para coñecer aos participantes, logo de analizar cada un dos negocios interesados levaremos a cabo o Taller de Visual Merchandising, no cal a docente Cany Juncal, explicará os detalles a ter en conta para promocionar a imaxe corporativa Visitando os negocios, prestando especial atención ós puntos de venta e os escaparates de forma individual e personalizada.
No taller de Dixitalización, se lles explicará entre outras cousas ferramentas coma o Whatsapp business, fundamentos teórico-prácticos dun ecommerce, utilización das redes sociais no proceso de venda e mesmo nocións básicas de fotografía de produto adaptado o proceso de venda por Internet.