APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

Convócase a segunda edición do programa Responsabilízate. Dirixido a autónomos e Pequenas e medianas empresas.

Hoxe, Martes 13 de febreiro de 2018 dábase publicidade no Diario Oficial de Galicia ás bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, ás que se prestarán servizos de diagnose ou análise do estado e potencial da RSE, formación e implantación das primeiras accións, a través do programa Responsabilízate.

REDE EUSUMO LEVARÁ A CABO UN OBRADOIRO PARA CREAR PÁXINAS WEB

Este obradoiro, de carácter práctico, vai enfocado a que as persoas participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade de economía social e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.

O IGAPE CONVOCA AXUDAS AOS SERVIZOS DE ASISTENCIA, DIAGNÓSTICO E SOPORTE NA IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓNS DE INDUSTRIAS 4.0

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O EMPREGO AUTÓNOMO E A CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convoca axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.