APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

PR937A SUBVENCIONS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E O EMPRENDEMENTO DE PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS NA COMUNIDADE AUTONOMA GALEGA

A Secretaria Xeral da Emigración publicou o pasado 13 de abril no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor vai dirixida aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe e que teñan decidido poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos orixinados pola posta en funcionamento do negocio, as axudas van desde 6.000 ata 10.000 euros de subvención.
O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de abril ata o 29 de setembro deste mesmo ano.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Sempre que cumplan os requisitos da convocatoria
As persoas solicitantes deberán presentar a documentación requerida a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/

FINALIZA O CURSO DE ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

O pasado día 12 de abril remataba o Curso correspondente ó Certificado de Profesionalidade en Organización e Xestión de Almacéns (COML0309). A formación foi financiada por la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Trabajo y Economía Social do Gobierno de España e polo Servicio Público de Empleo Estatal.
O curso, que comenzaba o 28 de novembro do pasado ano, tivo unha duración total de 408 horas.
Das 408 horas, 80 correspondían ó módulo de prácticas laborales no profesionales que foron realizadas nas seguintes empresas de Pontevedra: Grupo Nogar, Arnoia Distribución de Libros S.A., El Percebeiro S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Krack Zapaterias e VexedShoes.

TALLERES DE PROMOCIÓN COMERCIAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

APE Galicia pon en marcha, coa colaboración do Concello de Pontevedra, uns talleres- reunións cos que pretende potenciar e actualizar a actividade comercial do pequeno comercio en diferentes áreas da cidade de Pontevedra mediante ciclos explicativos e reunións one to one.
Tratarase de explicar de forma clara e concisa puntos quentes e fríos de cada establecemento, como deben expoñer o seu produto e como potenciar a súa imaxe cara os clientes a través do seu escaparate, sen deixar atrás as novas tecnoloxías e o comercio electrónico.
Comezaremos coas reunións one to one, para coñecer aos participantes, logo de analizar cada un dos negocios interesados levaremos a cabo o Taller de Visual Merchandising, no cal a docente Cany Juncal, explicará os detalles a ter en conta para promocionar a imaxe corporativa Visitando os negocios, prestando especial atención ós puntos de venta e os escaparates de forma individual e personalizada.
No taller de Dixitalización, se lles explicará entre outras cousas ferramentas coma o Whatsapp business, fundamentos teórico-prácticos dun ecommerce, utilización das redes sociais no proceso de venda e mesmo nocións básicas de fotografía de produto adaptado o proceso de venda por Internet.

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, publicou recentemente as axudas a comercios e talleres artesáns para a súa transformación dixital e modernización. (Procedemento CO300C)

Os apoios autonómicos están orientados á implantación ou actualización de páxinas web con ou sen venda en liña, adquisición de sistemas TPV, tablet ou impresora de código de barras térmica, ferramentas de márketing dixitais, loxística e-commerce ou xestor de redes sociais, sistemas de click and collect, imaxe dixital e sistemas dixitais de control de accesos entre outros.

En total, este ano a Xunta de Galicia destina 24 millóns de euros a impulsar a competitividade do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito.

PUBLICADAS AS AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE), A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL 2023

A Xunta de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria de axudas para fomentar a implantación de medidas de igualdade laboral, conciliación e de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Dirixido a pemes, micropemes e traballadores autónomos con traballadores por conta allea e domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica e estean constituídas no momento de presentar a solicitude.

O prazo de solicitude comprende:

Desde 11/02/2023 (00:00h) – ata 10/03/2023 (23:59h)

Máis información en www.apegalicia.es