APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

RETOMAMOS AS NOSAS XORNADAS FORMATIVAS EN MATERIA DE PRL

Contaremos con tres xornadas diferentes, todas en materia de prevención de riscos laborais e impartidas en streaming dende a nosa sede en Pontevedra Estas formacións terán unha duración de dúas horas cada unha delas, nas que se abordarán temas como o teletraballo e os seus riscos ergonómicos, o acoso laboral, ou a prevención, seguridade e saúde no traballo.

OS CINCO TIPOS DE AUTÓNOMOS RECOÑECIDOS POLO RETA

No noso país existen mais de 3 millóns de autónomos, pero para a Administración non todos os traballadores por conta propia son iguais. Por iso, divídeos en cinco tipos: traballadores autónomos, freelance ou profesionais autónomos, autónomos societarios, autónomos economicamente dependentes ou TRADE, e autónomos agrarios.

BONOS TALENTO EMPRESA - TR302D

A partir de mañá día 21 de xullo e ata o 29 de setembro, poderanse solicitar os Bonos Talento Empresa, destinados a formación non formal mediante proxectos formativos de curta duración para mellorar as capacidades das empresas e contribuir ao desenvolvemento profesional.
Estos proxectos formativos non deberán de ser máis de tres e terán unha duración de entre 16 e 100 horas totais.

VACACIÓNS FISCAIS PARA AUTÓNOMOS. QUÉ SON E CÓMO SE SOLICITAN?

Sabías que os autónomos teñen dereito a coller un mes de vacacións fiscais ao ano? Facenda permite aos traballadores por conta propia e empresarios escoller 30 días nos que non recibirán ningunha notificación electrónica da Axencia Tributaria.
Aínda que sexa verán, Facenda tamén pode enviar notificacións aos autónomos e obrígalles igualmente a contestar en prazo, baixo risco de sanción. Os ‘”días de cortesía” permiten aos autónomos desconectar durante as súas vacacións sen ter que estar pendentes destas cartas, avisos ou requirimentos.