APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A PREVENCIÓN DE RISCOS LABROAIS TRIUNFA NA CIDADE DE PONTEVEDRA

Na mesma semana, APE Galicia esgota as prazas para o curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias e pecha o primeiro ciclo de xornadas formativas en materia de PRL concienciando ás persoas autónomas da importancia da prevención para reducir danos e accidentes. Ambas formacións voltarán no mes de outubro con novas edicións.

PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR - CO300D

A partir de mañá 9 de setembro, e ata o día 9 do vindeiro mes, estará aberto o prazo de solicitude á concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sostible e circular. Esta subvención será para comerciantes retalistas, asociacións de comerciantes e, obradoiros artesáns, chegando a ser subvencionable ata o 80% do custo destas accións.

O 4 DE SETEMBRO A REPRESENTACIÓN DE APE GALICIA ACUDIU Á REUNIÓN DA MESA DO EMPREGO AUTÓNOMO

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, foron convocados onte á reunión da Mesa de Emprego Autónomo que presidiu a Conselleira Elena Rivo. Alí abordaron a temática pertinente á Axenda Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026 que contará cun presuposto de mais de 200 millóns de euros co fin de seguir mellorando e loitando polos intereses e condicións do colectivo autónomo.

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL E FORMACIÓN PARA PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS (TR353C)

A finalidade deste programa é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lles faciliten a inserción laboral, dotándoas, á vez, de competencias para o emprego, que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade, e a retención do talento novo na nosa Comunidade Autónoma.

NOVO PROGRAMA DE APOIO A MULLERES NO ÁMBITO RURAL E URBANO (TR332E)

Este programa de doce meses está deseñado para que as mulleres desempregadas, principalmente de concellos de ata 5.000 habitantes, melloren a súa capacitación e incrementen a oportunidade laboral. Cada entidade beneficiada recibirá ata 4.215 euros por cada traballadora que acade a inserción laboral e cada muller participante recibirá un incentivo de 400 euros.