En APE Galicia sabemos ben da importancia de manterse actualizado tanto si tes un negocio como se estás a piques de iniciar un, por iso neste mes de outubro ofrecemos dúas formacións en liña: unha e materia de emprendemento e outra, en materia de marketing.
Con esta campaña búscase fortalecer e incentivar as compras nos comercios de proximidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende o 30 de setembro os establecementos interesados poderán adherirse ó programa e será a partir do 9 de outubro cando esté dispoñible para os consumidores. O desconto do bono pode alcanzar ata os 30€ en función do importe da compra realizada.
O Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) actualizou os modelos de contrato dispoñibles ao novo sistema de incentivos que entrou en vigor este mes de setembro e que modifica as causas polas que un autónomo pode beneficiarse dunha axuda ao contratar a un empregado.
En xaneiro de 2024 espérase que entre en vigor un novo réxime no que se elimine o IVE para as persoas autónomas que facturen menos de 85.000 euros anuais ou 100.000 no caso de operacións intracomunitarias.
Na mesma semana, APE Galicia esgota as prazas para o curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias e pecha o primeiro ciclo de xornadas formativas en materia de PRL concienciando ás persoas autónomas da importancia da prevención para reducir danos e accidentes. Ambas formacións voltarán no mes de outubro con novas edicións.
A partir de mañá 9 de setembro, e ata o día 9 do vindeiro mes, estará aberto o prazo de solicitude á concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sostible e circular. Esta subvención será para comerciantes retalistas, asociacións de comerciantes e, obradoiros artesáns, chegando a ser subvencionable ata o 80% do custo destas accións.