A Consellería de Traballo e Benesar publica no DOG do 19 de agosto as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil. Os candidatos terán ata o 30 de setembro para presentar as súas solicitudes e poderán obtar entre 7.500€ e 10.000€ xustificando unha inversión de 2.000€, quedando obrigados a manter a actividade, a lo menos, durante dous anos.
A Consellerría de Traballo e Benestar publicu as bases onde polas que se rexirán as Axudas para a promoción do emprego autónomo do exercicio 2015, poñendo en circulación 17.000.000€ para a dinamización da economía galega, e valorando en maior medida ós emprendedores das provincias con máis taxa de desemprego.
A cuantía destas axudas oscila entre os 5.000 e os 10.000 para aqueles que invirtan un mínimo de 3.000 €, habendo outra axuda dispoñible de 1.200€ a fondo perdido para os emprendedores de menos de 30 anos.
APE Galicia seguindo a Orde do 29 de Maio pola que se establecen as bases ás axudas destinadas ao fomento da prevención de riscos na comunidade autónoma de Galicia para o exercicio 2015 presentou unha solicitude de diversas actuación para o logro destes fins consistentes na realización de xornadas, cursos e estudos desta materia.
Os emprendedores que iniciasen a súa actividade nos últimos tres anos poderán solicitar unha axuda de ata 7000 euros pola contratación de unha persoa desempregada baixo a modalidade de contrato indefinido.
O Consello de Ministros aprobou este 10 de Xuño a nova tarifa do IRPF que terá efectos desde o 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2015.
A nova estrutura do IRPF contempla que o tipo mínimo do imposto baixe do 20% ao 19,5%. E, o máximo, redúcese do 47% ao 46%. Nos tramos intermedios, a redución tamén se move entre medio punto e un punto.
Para os autónomos a partir do 1 de Xullo de 2015, o % de IRPF que teñen que aplicar baixa do 19% ao 15%.
Publícanse as bases das axudas do IGAPE para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros obtidos a través do ICO.
O prazo para solicitar esta axuda remata o 30 de Outubro de 2015