APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

RETOMAMOS AS NOSAS XORNADAS FORMATIVAS EN MATERIA DE PRL

Contaremos con tres xornadas diferentes, todas en materia de prevención de riscos laborais e impartidas en streaming dende a nosa sede en Pontevedra Estas formacións terán unha duración de dúas horas cada unha delas, nas que se abordarán temas como o teletraballo e os seus riscos ergonómicos, o acoso laboral, ou a prevención, seguridade e saúde no traballo.

OS CINCO TIPOS DE AUTÓNOMOS RECOÑECIDOS POLO RETA

No noso país existen mais de 3 millóns de autónomos, pero para a Administración non todos os traballadores por conta propia son iguais. Por iso, divídeos en cinco tipos: traballadores autónomos, freelance ou profesionais autónomos, autónomos societarios, autónomos economicamente dependentes ou TRADE, e autónomos agrarios.

REFORMA FISCAL DO COLECTIVO AUTÓNOMO

Facenda pacta cos axentes sociais a reforma fiscal do colectivo autónomo que inclúe medidas como a eliminación do IVE para os negocios máis pequenos, a supresión do sistema de módulos e a configuración dun sistema para que os autónomos poidan deducir gastos recorrentes sen necesidade de xustificación.

TODAVÍA QUEDA CRÉDITO PARA O BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Este conxunto de axudas ten por obxeto o financiamento de investimentos das persoas autónomas en Galicia, cunha subvención do 80% da actividade e un límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables como poden ser: aplicacións informáticas, páxinas web, aplicacións e redes sociais, compra de maquinaria ou equipos informáticos e reforma do local de negocio, entre outros.