Con esta campaña búscase fortalecer e incentivar as compras nos comercios de proximidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende o 30 de setembro os establecementos interesados poderán adherirse ó programa e será a partir do 9 de outubro cando esté dispoñible para os consumidores. O desconto do bono pode alcanzar ata os 30€ en función do importe da compra realizada.
APE Galicia celebrará durante este mes de outubro a segunda edición das xornadas formativas en materia de prevención de riscos laborai, que dará comezo o xoves día 5. Estas xornadas serán en liña en horario de 10:00 a 11:30.
O Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) actualizou os modelos de contrato dispoñibles ao novo sistema de incentivos que entrou en vigor este mes de setembro e que modifica as causas polas que un autónomo pode beneficiarse dunha axuda ao contratar a un empregado.
En xaneiro de 2024 espérase que entre en vigor un novo réxime no que se elimine o IVE para as persoas autónomas que facturen menos de 85.000 euros anuais ou 100.000 no caso de operacións intracomunitarias.
Bono autónomo, programa xempre autónomo, bono talento empresa, axudas destinadas á conciliación.... Este mes de setembro remata o prazo de solicitude para multitude de axudas dirixidas ao colectivo autónomo. E ti, xa sabes cal é a que máis te convén?
Na mesma semana, APE Galicia esgota as prazas para o curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias e pecha o primeiro ciclo de xornadas formativas en materia de PRL concienciando ás persoas autónomas da importancia da prevención para reducir danos e accidentes. Ambas formacións voltarán no mes de outubro con novas edicións.