APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

Hoxe publícase no DOG a "cota cero" para todas as persoas que inicien a súa actividade como autónomos en Galicia

Hoxe publícase no DOG a ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.
A Xunta de Galicia subvencionará o 100 % das cotizacións dos primeiros 12 meses, e as novas altas deberán formalizarse entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024.

Establécense 2 liñas de axudas, compatibles entre si:
Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Esta mañá ao Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Pablo Fernández López visitou a nosa sede principal en Pontevedra.

Aproveitou esta visita para reunirse co presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e coa secretaria xeral, para intercambiar opinións sobre temas relacionados coa situación que está a atravesar o colectivo autónomo na actualidade, e a súa preocupación pola eliminación, por parte do goberno central, do alivio fiscal que ata agora viñan tendo as persoas traballadoras autónomas que cotizan en módulos.

PRESENTACIÓN DA ESTRATEXIA IMPULSO AUTÓNOMO HORIZONTE 2027

Esta mañá o noso presidente, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, participaron na presentación da Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 2027, elaborada coas achegas da Mesa do Emprego Autónomo na que participa esta asociación, APE Galicia, xunto coas outras principais entidades: UPTA-Agtamar e ATA.