APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

TR880A - SUBVENCIÓNS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

Subvencións ao EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais e mutualistas co fin de facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade, e mantendo empregos de calidade.

TR802L - BONO CONSOLIDA

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia,con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

ES UNHA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA CON DESEXO DE VOLVER A EMPRENDER OU MUDAR DE SECTOR?

Próximamente a Xunta de Galicia abrirá o prazo para solicitar o Programa Nova Oportunidade, axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver a emprender no mesmo ou diferente sector. Con estas axudas o que se quere é facilitar a volta á actividade económica daquela persoa emprendedora que lle foi mal no seu negocio pero xa ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver a emprender.