Reunión ca conselleira de Economía, Mª Jesús Lorenzana
Neste encontro avaliaron medidas para seguir colaborando no impulso e apoio ás persoas autónomas.
Neste encontro avaliaron medidas para seguir colaborando no impulso e apoio ás persoas autónomas.
Esta mañá o noso presidente, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, participaron na presentación da Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 2027, elaborada coas achegas da Mesa do Emprego Autónomo na que participa esta asociación, APE Galicia, xunto coas outras principais entidades: UPTA-Agtamar e ATA.
O experto en marketing dixital, Jaime Barreiro, analizou a situación das persoas traballadoras autónomas nas zonas rurais e amosou as ferramentas para a dixitalización dos negocios na contorna rural.
Unha trintena de traballadores por conta allea puideron descubrir as oportunidades dos negocios máis afastados dos núcleos urbanos grazas a esta xornada organizada pola asociación de autónomos e pequenas empresas, APE Galicia e en colaboración co IGAPE.
A XUNTA DE GALICIA SUBVENCIONARÁ O 100% DAS COTIZACIÓNS DOS PRIMEIROS 12 MESES PARA AS PERSOAS QUE SE DEN DE ALTA COMO AUTÓNOMAS DURANTE O ANO 2024
APE Galicia inaugura as xornadas "A dixitalización dos negocios no rural" na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol reunindo a case unha trintena de persoas. Ao evento asistiron Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE e Martina Aneiros, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.