O día 12 de Novembro celebraremos dúas xornadas gratuitas de Prevención de Riscos en Pontevedra. En primeiro lugar, falaremos da Vixilancia da Saúde na Empresa de Hostalaría e máis tarde de Riscos Psicosociais na Empresa: Protocolos De Acoso No Sector Comercio.
- Terá lugar este luns, 18 maio, de 15.30 a 16:30 horas.
- Inscrición gratuita na web www.encontrosapegalicia.es, Tel: 697195540 e info@apegalicia.es
- A Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra o e a Asociación de Autónomos APE Galicia impulsan este programa de relanzamento empresarial.
- Os negocios tamén poden solicitar asesoramento persoalizado gratuito, dispoñible para 25 empresas, co obxectivo de contrastar o seu plan de reinicio.
- No coloquio do luns analizaranse tendencias como a omnicanalidade, a transparencia ou a persoalización da oferta.
A sesión telemática do plan impulsado pola plataforma #PonteLovers en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo foi impartida por nove relatores e contou coa participación de 25 profesionais do Concello de Pontevedra.
APE Galicia e a Concellería de Promoción Económica e Turismo celebraron esta tarde o segundo dos encontros dixitais do programa Reinicia Pontevedra, enmarcado dentro das estratexias de dinamización comercial e empresarial da plataforma #PonteLovers. Baixo o título de ‘Novos valores: confiables, solidarios, sostibles’, o coloquio abordou a incidencia da Covid-19 na sensibilidade dos consumidores e o seu impacto sobre marcas e empresas.
- Estas iniciativas desenvolveranse no marco do plan de acción 'Reinicia ou teu Negocio' (#PonteLoversPemes), impulsado conxuntamente pola plataforma #PonteLovers e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia ( APE)
-As 7 videoconferencias con especialistas en negocios incluirán experiencias que compartirán emprendedores de Pontevedra
-Os 7 encontros dixitais comenzan o luns 11 de maio e prolónganse ata o 1 de xuño, sempre ás 15:30 horas para que poidan participar moitos sectores económicos.
-Os negocios poden solicitar dende hoxe o seu asesoramento persoalizado gratuito, dispoñible para 25 empresas, co obxectivo de contrastar o seu plan de reinicio.
O Goberno de España publicou fai unhas horas, unha guía de boas prácticas en centros de traballo para previr os contaxios do Covid-19 coincidindo coa reincorporación aos seus centros de traballo, o luns e martes, de todos aquelas persoas traballadoras de actividades non esenciais que non poidan teletraballar.
Ademáis, aconsella que ninguén que estivese en contacto con persoas que puidesen estar afectadas polo Covid-19, "aínda cando non teña síntomas", acuda ao seu posto de traballo. Tampouco o deben facer as mulleres embarazadas, as persoas con patoloxías previas e aquelas de idade avanzada pero aínda en situación laboral. Estes grupos deben contactar co seu médico para solicitar a baixa.
Desde APE GALICIA e, seguindo as recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como da Conselleria de Sanidade, informamos que a nosa sede permanecerá pechada ao público ata novo aviso.
Tomamos esta decisión como unha medida de prevención ante a propagación e o contaxio do COVID-19 (Coronavirus), e así o recomendamos aos nosos asociados.
Seguiremos pendentes do desenvolvemento da situación tanto a nivel autónomico como a nivel nacional, á hora de informar sobre novas medidas, protocolos ou recomendacións que haxa que aplicar.
No mesmo sentido, lembramos que todos os actos, charlas, eventos e reunións que APE GALICIA tiña previstos para o mes de marzo son aprazados ata nova data.
De maneira telemática, desde APE GALICIA imos seguir exercendo as nosas funcións coa maior normalidade posible. É por iso que, aínda que a sede estará pechada, seguirémosvos atendendo a través dos nosos teléfonos (697 195 540 e 986 891 657). E tamén a través das redes sociais e correos electrónicos. (Sempre en horario laboral de luns a venres). Correo de contacto: info@apegalicia.es.
Comunicarémosvos calquera novidade na maior brevidade posible e estamos a vosa enteira disposición para calquer asunto, mentras esperamos volver canto antes á actividade con normalidade.
Achegamos toda a información e documentación relativa a este asunto publicada ata o momento por si fora do seu interés.