APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

APE GALICIA COLABORA CON CEVE GALICIA NA ORGANIZACIÓN DA SÚA II ASAMBLEA DE EMPRESAS VETERINARIAS DE GALICIA

A nosa sede principal situada en Pontevedra, acolleu o sábado 9 de abril a II Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia, colaborando con CEVE Galicia, entidade organizadora, e cumprindo así cun dos obxectivos que se inclúe no acordo de colaboración que ambas as partes asinaron a principios do ano 2021.

Para CEVE Galicia, esa é a segunda edición destas xornadas, nas que o sector analiza a súa situación actual e os principais puntos da axenda deste ano, a través da intervención de profesionais da veterinaria.

APE GALICIA PROGRAMA CATRO XORNADAS PARA ANALIZAR AS DIFICULTADES DA MULLER PARA ACCEDER AO MERCADO LABORAL COMO AUTÓNOMA

O emprendemento encerra medos e comportamentos de xénero que se analizarán nunhas xornadas nas que xa é posible inscribirse a través de www.apegalicia.gal

APE Galicia realizará nas próximas semanas un total de catro xornadas formativas, unha por provincia, para analizar e dar solución a algúns dos problemas que se atopa a muller á hora de acceder ao traballo autónomo. Estas xornadas, organizadas en colaboración coa Xunta de Galicia, buscan avanzar no terreo da igualdade de oportunidades no mercado laboral desde a perspectiva das autónomas.

Cun formato dinámico e participativo estas xornadas terán un carácter práctico no que as asistentes poderán formular preguntas e cuestións aplicables ao desenvolvemento da súa actividade como emprendedoras, que serán resoltas polas relatoras, que variarán en función do lugar no que se desenvolva a xornada e que terán a Carla Reyes Uschinsky como condutora común. Acudirán tamén Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e Belén Liste, subdirectora xeral de Emprego, que darán a coñecer os programas específicos da Xunta para incentivas o emprego e a igualdade.

Estas xornadas inspiradoras serán presenciais e a inscrición para acudir está xa aberta a través de www.apegalicia.gal.

APE GALICIA CLAUSURA DOUS CURSOS DE INFORMÁTICA BÁSICA IMPARTIDOS PARA INICIAR AOS AUTÓNOMOS NO PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL

APE Galicia clausurou onte os dous cursos de informática básica desenvoltos nas instalacións da asociación en Pontevedra que contou coa presenza de parte dos alumnos que desde o pasado mes de novembro participaron nesta acción formativa. En total, 64. O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, contou no acto de clausura coa presenza da concelleira de Promoción Económica, Gloria Blanco, patrocinadora da acción formativa.

Plan Galicia Emprega: Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2022

A Xunta convoca unha nova edición do programa Galicia Emprega, co que apoiará a contratación dunhas 1.350 persoas pertencentes a colectivos prioritarios -mulleres, novas, persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social e paradas e parados de longa duración- para impulsar a súa ocupación e mellorar a súa formación para o traballo. O programa tamén inclúe axudas para a formación e a contratación duns 20 traballadores e traballadoras como persoal de apoio ás persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. A este programa poden acollerse as e os galegos retornados que cumpran as condicións requiridas.

TALLER GRATUITO INFORMÁTICA BÁSICA

Ape Galicia organiza un taller gratuito de informática básica financiado polo Concello de Pontevedra. Este taller que comezará a próxima semana, levaráse a cabo nas instalacións da sede principal de APE Galicia en Pontevedra, na rúa Gagos de Mendoza número 2 baixo.

Son moitas as persoas traballadoras autónomas que ven a informática como algo incómodo, e que teñen a necesidade de aprender para realizar moitas das actividades diarias como utilizar un procesador de textos, unha folla de excel ou enviar emails, facer facturas electrónicas, enviar documentos escaneados, facer os seus propios flyers coas súas ofertas, ou para ofrecer os seus servizos, etc…, pero o problema é que habitualmente estes traballadores/ as por conta propia non teñen os coñecementos necesarios para poder realizalas.

Por todo isto, necen estes talleres, pola necesidade que ten unha parte moi importante do colectivo de adquirir a formación básica para que a informática non forme parte dos seus problemas, e co obxectivo de que dunha forma sinxela e fácil poidan empezar a cubrir as diferentes necesidades que teñen, acelerando a súa transformación dixital e reforzar así os seus negocios.

El alcalde de Pontevedra respalda a la directiva de APE Galicia en una visita a las oficinas centrales

Miguel Anxo Fernández Lores y Anabel Gulías visitaron las instalaciones de APE Pontevedra donde fueron recibidos por el presidente, José Ramón Caldas y parte de la directiva.

✒️✒️Firmó en el Libro de Honor de APE Galicia y mostró su apoyo al trabajo que realiza la asociación

📷🖥️Animó a la directiva a continuar trabajando para lograr una digitalización plena de las pequeñas empresas como clave para mejorar la rentabilidad de los negocios autónomos.