APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

SEMINARIO DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

APE Galicia, Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, en coordinación coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a desenvolver un programa de concienciación sobre a necesidade da concilación nas pequenas empresas galegas.
Dende APE Galicia somos conscientes de que representamos un porcentaxe moi elevado da poboación activa galega, e queremos que comprendan os beneficios que trae a implantación de medidas de conciliación en todos os ámbitos da vida, traballo, social e familia.
Para difundir esta mensaxe organizamos un Seminario de Conciliación e Corresponsabilidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra celebrado o luns 11 de maio ás 18.30 no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Rúa Fernández Ladreda.

APE Galicia traballa para que os autónomos coñezan as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais e aprendan a xestionar eles mesmos os seus propios plans de prevención.

APE Galicia, no marco da Orde do 21 de marzo do 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da prevención de riscos laborais da Comunidade Autónoma de Galicia presenta un proxecto sobre a base do cal se conceden unha serie de actividades, entre esta está a impartición de xornadas técnicas formulada para promover a prevención entre traballadores autónomos de distintos sectores e realización de un estudo sobre a sinestralidade do sector servizos.
A participación nestes eventos é libre e gratuíta xa que se tratan de actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia

V Congreso del Trabajador Autónomo de Galicia

El sábado 14 de Diciembre se celebrará en el Hotel Galicia Palace de Pontevedra el V Congreso del Trabajador Autónomo de Galicia.
Este acto comenzará a las 19.00 horas y existe una previsión de asistencia de 200 participantes de un perfil muy variado, trabajadores autónomos y pequeños empresarios, asociaciones profesionales e instituciones públicas y privadas.

Xornadas en Prevención de Riscos Laborais no comercio local

APE Galicia, seguindo co seu plan de execución do plan de reducción da sinestralidade nas Pemes galegas organiza duas xornadas de prevención de riscos. A primeira de elas terá lugar o día 15 de outubro en Lugo e a segunda terá lugar o día 17 en Pontevedra.
O xoves día 17 de outubro APE Galicia organizará unha xornada adicada especialmente a empresarios e traballadores do pequeno comercio que terá lugar na Aula de Formación da Asociación, situada na Praza de España nº1, 1º, oficina 1.