Con esta campaña búscase fortalecer e incentivar as compras nos comercios de proximidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende o 30 de setembro os establecementos interesados poderán adherirse ó programa e será a partir do 9 de outubro cando esté dispoñible para os consumidores. O desconto do bono pode alcanzar ata os 30€ en función do importe da compra realizada.
APE Galicia celebrará durante este mes de outubro a segunda edición das xornadas formativas en materia de prevención de riscos laborai, que dará comezo o xoves día 5. Estas xornadas serán en liña en horario de 10:00 a 11:30.
Na mesma semana, APE Galicia esgota as prazas para o curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias e pecha o primeiro ciclo de xornadas formativas en materia de PRL concienciando ás persoas autónomas da importancia da prevención para reducir danos e accidentes. Ambas formacións voltarán no mes de outubro con novas edicións.
O venres día 1 de setembro inauguramos a nosas xornadas de formación en materia de prevención e riscos laborais aprendendo un pouco máis sobre a importancia dos riscos e factores psicosociais que poden afectarnos, e os tipos de acoso que poden xurdir no ambiente de traballo: o acoso laboral, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo.
Contaremos con tres xornadas diferentes, todas en materia de prevención de riscos laborais e impartidas en streaming dende a nosa sede en Pontevedra Estas formacións terán unha duración de dúas horas cada unha delas, nas que se abordarán temas como o teletraballo e os seus riscos ergonómicos, o acoso laboral, ou a prevención, seguridade e saúde no traballo.