APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo

A Administración autonómica prepara a reapertura nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, que retomarán a súa actividade cun sistema de cita previa

Outra das medidas acordadas no seo do Cecop foi a de clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes, que está autorizada

Poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes tanto en espazos ou elementos comúns en edificios con residentes

Acordouse estender ao mes de maio o pago da mensualidade do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social, polo que a Xunta cubrirá ao 100 % o custe do alugueiro da vivenda de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos

Foi aprobado a posta en marcha da elaboración dun Plan de Seguridade Hixiénico-Sanitaria para establecementos turísticos, así como certificacións de calidade e seguridade sanitaria

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unha nova guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus co obxectivo de garantir a saúde das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial.

O documento recolle medidas para as diferentes situacións. Así, enuméranse as recomendacións que se deben adoptar antes de iniciar a actividade, entre as que se encontran quedar no domicilio en caso de ter unha temperatura superior a 37º, presentar síntomas respiratorios ou se se estivo en contacto cunha persoa enferma máis de 15 minutos a unha distancia inferior a dous metros. En canto aos desprazamentos ao traballo a recomendación xeral, sempre que sexa posible, é utilizar un medio individual; no transporte colectivo ou compartido precísase o uso de máscara hixiénica.

Tamén se inclúen medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros tanto á entrada como á saída do centro e durante a permanencia, ademais de utilizar medidas de flexibilidade e quendas de traballo, limitar actividades presenciais ou evitar aglomeracións, medidas organizativas -como contar cun plan de continxencia, un plan de limpeza e desinfección ou un protocolo para evitar o contaxio- e de hixiene e limpeza, tanto persoal -como o lavado de mans, a hixiene respiratoria ou recomendacións para o lavado da roupa de traballo- como do propio centro. A guía inclúe apartados sobre o uso de máscaras e equipos de protección individual e tamén de xestión de residuos.

Fuente: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa

RECOMENDACIÓNS EN MATERIA DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN EN CINCO DOS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS DE GALICIA (Naval - Lousa - Forestal - Construcion - Automocion)

A Xunta de Galicia a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten elaborado diversas fichas con recomendacións de utilidade para a inminente reincorporación á actividade do noso sector industrial: Construción, Forestal e industria da madeira, Automoción, Naval E Lousa.

O obxectivo non é outro que servir para concienciar e promover as máximas medidas de seguridade e de prevención no traballo, logrando así deixar atrás a situación vivida durante estas anteriores semanas polo COVID-19

Guía para as empresas e traballadores que volven á actividade o luns

O Goberno de España publicou fai unhas horas, unha guía de boas prácticas en centros de traballo para previr os contaxios do Covid-19 coincidindo coa reincorporación aos seus centros de traballo, o luns e martes, de todos aquelas persoas traballadoras de actividades non esenciais que non poidan teletraballar.

Ademáis, aconsella que ninguén que estivese en contacto con persoas que puidesen estar afectadas polo Covid-19, "aínda cando non teña síntomas", acuda ao seu posto de traballo. Tampouco o deben facer as mulleres embarazadas, as persoas con patoloxías previas e aquelas de idade avanzada pero aínda en situación laboral. Estes grupos deben contactar co seu médico para solicitar a baixa.