Desde a APE Galicia parécenos necesario e interesante coñecer a situación actual do colectivo que representamos, así como as súas perspectivas de futuro. Por isto estamos a desenvolver un informe xunto coa Universidade de Santiago de Compostela para coñecer o perfil, características e particularidades da profesión do traballo autónomo en Galicia, e poder así analizar a súa situación actual e o alcance das súas dificultades específicas, coa finalidade de realizar propostas de intervención que permitan a mellora da dita situación.
Se es autónomo/a agradeceriamos a túa colaboración.
Pica nesta ligazón para acceder á nosa enquisa:
https://forms.gle/XYC7v5qrc1D9GNk1A
A túa participación é importante para poder realizar esta análise, polo que agradecemos o teu tempo e compromiso.
Esta estratexia, na que participa o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten como principal obxectivo asegurar unha mellora continua das condicións laborais e desenvolver políticas preventivas eficaces
Ignacio Balboa, director de esRadio Galicia falou con Sonia Acuña Pazos, secretaria Técnica Executiva de APE Galicia sobre a situación actual das persoas traballadoras autónomas e a labor da asociación
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou na inauguración do III Encontro das emprendedoras do programa Emega co que se impulsa o emprendemento feminino, que a Xunta reforzará en 2021 estas axudas aumentando máis do dobre o seu orzamento ata máis de 3,6 millóns de euros para seguir creando novas oportunidades xa que é unha prioridade avanzar na igualdade de oportunidades
Ao redor duns cen asociados participaron onte na sesión on line, onde se revisou os puntos máis importantes tanto do plan para os autónomos, que xa está activado, como o dirixido as micropemes e a hostalería, que nos próximos días aprobara o Consello da Xunta