APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

RECOMENDACIÓNS EN MATERIA DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN EN CINCO DOS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS DE GALICIA (Naval - Lousa - Forestal - Construcion - Automocion)

A Xunta de Galicia a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten elaborado diversas fichas con recomendacións de utilidade para a inminente reincorporación á actividade do noso sector industrial: Construción, Forestal e industria da madeira, Automoción, Naval E Lousa.

O obxectivo non é outro que servir para concienciar e promover as máximas medidas de seguridade e de prevención no traballo, logrando así deixar atrás a situación vivida durante estas anteriores semanas polo COVID-19

Guía para as empresas e traballadores que volven á actividade o luns

O Goberno de España publicou fai unhas horas, unha guía de boas prácticas en centros de traballo para previr os contaxios do Covid-19 coincidindo coa reincorporación aos seus centros de traballo, o luns e martes, de todos aquelas persoas traballadoras de actividades non esenciais que non poidan teletraballar.

Ademáis, aconsella que ninguén que estivese en contacto con persoas que puidesen estar afectadas polo Covid-19, "aínda cando non teña síntomas", acuda ao seu posto de traballo. Tampouco o deben facer as mulleres embarazadas, as persoas con patoloxías previas e aquelas de idade avanzada pero aínda en situación laboral. Estes grupos deben contactar co seu médico para solicitar a baixa.

APE Galicia celebra o seu XI Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas de Galicia

O XI congreso das Persoas Traballadoras Autónomas de Galicia, organizado por APE Galicia, congregou o sábado 7 de marzo, no Hotel Carlos Ia preto de 300 persoas ao redor duns galardóns que recoñecen o labor do colectivo autónomo galego.

O obxectivo principal deste congreso é recoñecer e homenaxear o labor e o éxito das persoas traballadoras autónomas que, co seu esforzo e dedicación, levan a que a súa empresa sexa competitiva, contribuíndo día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa comunidade. Durante o mesmo levou a cabo a entrega de premios aos “ Autónom@ s distinguide@ s". En total, doce pequenas empresas, sete delas dirixidas por mulleres, recibiron dita distinción.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, destacou o peso das persoas traballadoras autónomas e das pemes na economía galega, e animounos a seguir apostando pola innovación permanente para chegar desde o local ao mercado global, ademais de poñer en valor o labor de APE-Galicia que, cos case 60.800 traballadores autónomos galegos que representa, reflicte o verdadeiro valor do asociacionismo empresarial. E incidiu na súa disposición para cooperar coas administracións para identificar e afrontar xuntos os retos futuros.

APE GALICIA ante a Alerta Sanitaria: Comunicado e documentos de interese.

Desde APE GALICIA e, seguindo as recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como da Conselleria de Sanidade, informamos que a nosa sede permanecerá pechada ao público ata novo aviso.
Tomamos esta decisión como unha medida de prevención ante a propagación e o contaxio do COVID-19 (Coronavirus), e así o recomendamos aos nosos asociados.
Seguiremos pendentes do desenvolvemento da situación tanto a nivel autónomico como a nivel nacional, á hora de informar sobre novas medidas, protocolos ou recomendacións que haxa que aplicar.
No mesmo sentido, lembramos que todos os actos, charlas, eventos e reunións que APE GALICIA tiña previstos para o mes de marzo son aprazados ata nova data.
De maneira telemática, desde APE GALICIA imos seguir exercendo as nosas funcións coa maior normalidade posible. É por iso que, aínda que a sede estará pechada, seguirémosvos atendendo a través dos nosos teléfonos (697 195 540 e 986 891 657). E tamén a través das redes sociais e correos electrónicos. (Sempre en horario laboral de luns a venres). Correo de contacto: info@apegalicia.es.
Comunicarémosvos calquera novidade na maior brevidade posible e estamos a vosa enteira disposición para calquer asunto, mentras esperamos volver canto antes á actividade con normalidade.
Achegamos toda a información e documentación relativa a este asunto publicada ata o momento por si fora do seu interés.

Encontros APE Galicia: CLAVES PARA IMPULSAR O EMPREGO AUTÓNOMO EN GALICIA - FERROL

O vindeiro mércores, 4 de marzo, de 09.45 a 13.00 horas, APE Galicia retoma o proxecto comezado a finais do pasado ano: Encontros APE Galicia.

Nesta ocasión estaremos en Ferrol (SERCOTEL HOTEL ODEÓN - Rúa Cataluña, 20, 15570 Ferrol - A Coruña) onde organizaremos un almorzo de traballo co obxectivo de informar aos asistentes da situación real do colectivo autónomo en Galicia, e as liñas de apoio que existen para a súa promoción e consolidación.

Trataremos diferentes aspectos moi interesentas para o colectivo autónomo ou de emprendedores, coma as características máis relevantes da cotización ao réxime de autónomos: en que consiste a cotización, que dereitos e prestacións conleva, continxencias cubertas, cambios de bases de cotización, idades límite para cambiar de base, pluriactividad, autónomo, bonificacións á cotización, recursos e liñas de apoio da Xunta de Galicia.

Para asistir a este encontro, é necesario inscribirse, posto que o aforo é limitado. Podes facelo no teléfono 986 891 657 ou ben enviando un email a info@apegalicia.es

APE GALICIA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS.

Esta mañá o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, reuníase en Santiago de Compostela co presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez Taín, para a firma dun acordo de colaboración entre ambas as entidades centrado en impulsar e divulgar actividades dirixidas ao colectivo autónomo, e que resulten de interese para ambas as as institucións.

Entre as actuacións previstas inclúense actividades formativas e xornadas informativas co obxectivo de promover a cultura emprendedora a través do autoemprego, ademais de incluír actuacións que fomenten a inserción laboral dous colectivos máis desfavorecidos. Este acordo permitirá tamén a colaboración entre ambas as entidades para a realización de estudos sobre ou colectivo autónomo.

Coa asina deste convenio de colaboración APE Galicia cumpre cun dos obxectivos estratéxicos da entidade.