APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo

A Administración autonómica prepara a reapertura nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, que retomarán a súa actividade cun sistema de cita previa

Outra das medidas acordadas no seo do Cecop foi a de clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes, que está autorizada

Poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes tanto en espazos ou elementos comúns en edificios con residentes

Acordouse estender ao mes de maio o pago da mensualidade do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social, polo que a Xunta cubrirá ao 100 % o custe do alugueiro da vivenda de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos

Foi aprobado a posta en marcha da elaboración dun Plan de Seguridade Hixiénico-Sanitaria para establecementos turísticos, así como certificacións de calidade e seguridade sanitaria

Últimos días para inscribirse no Proxecto Piloto de Mentoring para autónom@

O proxecto piloto de mentoring promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo axudar a 200 autónom@s de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, co acompañamento para a consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

O prazo de inscrición para participar no proxecto remata o 30 de abril de 2020, polo que si estades interesados/as, podedes contactar con APE Galicia onde vos informaremos e axudarémosvos a formalizala.

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unha nova guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus co obxectivo de garantir a saúde das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial.

O documento recolle medidas para as diferentes situacións. Así, enuméranse as recomendacións que se deben adoptar antes de iniciar a actividade, entre as que se encontran quedar no domicilio en caso de ter unha temperatura superior a 37º, presentar síntomas respiratorios ou se se estivo en contacto cunha persoa enferma máis de 15 minutos a unha distancia inferior a dous metros. En canto aos desprazamentos ao traballo a recomendación xeral, sempre que sexa posible, é utilizar un medio individual; no transporte colectivo ou compartido precísase o uso de máscara hixiénica.

Tamén se inclúen medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros tanto á entrada como á saída do centro e durante a permanencia, ademais de utilizar medidas de flexibilidade e quendas de traballo, limitar actividades presenciais ou evitar aglomeracións, medidas organizativas -como contar cun plan de continxencia, un plan de limpeza e desinfección ou un protocolo para evitar o contaxio- e de hixiene e limpeza, tanto persoal -como o lavado de mans, a hixiene respiratoria ou recomendacións para o lavado da roupa de traballo- como do propio centro. A guía inclúe apartados sobre o uso de máscaras e equipos de protección individual e tamén de xestión de residuos.

Fuente: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa