APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

VOLVE BONO ACTIVA COMERCIO!!

Con esta campaña búscase fortalecer e incentivar as compras nos comercios de proximidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende o 30 de setembro os establecementos interesados poderán adherirse ó programa e será a partir do 9 de outubro cando esté dispoñible para os consumidores. O desconto do bono pode alcanzar ata os 30€ en función do importe da compra realizada.

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL E FORMACIÓN PARA PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS (TR353C)

A finalidade deste programa é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lles faciliten a inserción laboral, dotándoas, á vez, de competencias para o emprego, que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade, e a retención do talento novo na nosa Comunidade Autónoma.