APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

APE GALICIA PROGRAMA CATRO XORNADAS PARA ANALIZAR AS DIFICULTADES DA MULLER PARA ACCEDER AO MERCADO LABORAL COMO AUTÓNOMA

O emprendemento encerra medos e comportamentos de xénero que se analizarán nunhas xornadas nas que xa é posible inscribirse a través de www.apegalicia.gal

APE Galicia realizará nas próximas semanas un total de catro xornadas formativas, unha por provincia, para analizar e dar solución a algúns dos problemas que se atopa a muller á hora de acceder ao traballo autónomo. Estas xornadas, organizadas en colaboración coa Xunta de Galicia, buscan avanzar no terreo da igualdade de oportunidades no mercado laboral desde a perspectiva das autónomas.

Cun formato dinámico e participativo estas xornadas terán un carácter práctico no que as asistentes poderán formular preguntas e cuestións aplicables ao desenvolvemento da súa actividade como emprendedoras, que serán resoltas polas relatoras, que variarán en función do lugar no que se desenvolva a xornada e que terán a Carla Reyes Uschinsky como condutora común. Acudirán tamén Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e Belén Liste, subdirectora xeral de Emprego, que darán a coñecer os programas específicos da Xunta para incentivas o emprego e a igualdade.

Estas xornadas inspiradoras serán presenciais e a inscrición para acudir está xa aberta a través de www.apegalicia.gal.

INFORME DO EMPREGO AUTONOMO EN GALICIA : SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVAS DE FUTURO

Desde a APE Galicia parécenos necesario e interesante coñecer a situación actual do colectivo que representamos, así como as súas perspectivas de futuro. Por isto estamos a desenvolver un informe xunto coa Universidade de Santiago de Compostela para coñecer o perfil, características e particularidades da profesión do traballo autónomo en Galicia, e poder así analizar a súa situación actual e o alcance das súas dificultades específicas, coa finalidade de realizar propostas de intervención que permitan a mellora da dita situación.
Se es autónomo/a agradeceriamos a túa colaboración.

Pica nesta ligazón para acceder á nosa enquisa:
https://forms.gle/XYC7v5qrc1D9GNk1A

A túa participación é importante para poder realizar esta análise, polo que agradecemos o teu tempo e compromiso.

A REDE EMEGA DA VOZ ÁS MULLERES EMPRENDEDORAS E INCREMENTA A SÚAS OPORTUNIDADES LABORAIS

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou na inauguración do III Encontro das emprendedoras do programa Emega co que se impulsa o emprendemento feminino, que a Xunta reforzará en 2021 estas axudas aumentando máis do dobre o seu orzamento ata máis de 3,6 millóns de euros para seguir creando novas oportunidades xa que é unha prioridade avanzar na igualdade de oportunidades