APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A REDE EMEGA DA VOZ ÁS MULLERES EMPRENDEDORAS E INCREMENTA A SÚAS OPORTUNIDADES LABORAIS

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou na inauguración do III Encontro das emprendedoras do programa Emega co que se impulsa o emprendemento feminino, que a Xunta reforzará en 2021 estas axudas aumentando máis do dobre o seu orzamento ata máis de 3,6 millóns de euros para seguir creando novas oportunidades xa que é unha prioridade avanzar na igualdade de oportunidades

Últimos días para inscribirse no Proxecto Piloto de Mentoring para autónom@

O proxecto piloto de mentoring promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo axudar a 200 autónom@s de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, co acompañamento para a consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

O prazo de inscrición para participar no proxecto remata o 30 de abril de 2020, polo que si estades interesados/as, podedes contactar con APE Galicia onde vos informaremos e axudarémosvos a formalizala.

APE GALICIA CELEBRA A SÚA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E RECIBE A VISITA DO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Na tarde de onte APE Galicia, celebrou na súa sede principal a súa Asemblea Xeral Ordinaria.

No salón de actos déronse cita moitos dos presidentes e presidentas, xerentes e representantes das asociacións vinculadas a esta entidade procedentes de diferentes partes da comunidade galega, e que deron por aprobados todos os puntos da orde do día.

No transcurso da sesión aprobáronse as contas de 2019 e fíxose unha previsión do orzamento do presente exercicio. Ademais, analizáronse as iniciativas que a entidade ten en marcha, entre elas os "Encontros APE Galicia" que levarán a Ferrol, Lugo e Ourense e o XI Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas que se celebra o vindeiro sábado 7 de marzo.

O presidente, José Ramón Caldas, informou os asistentes que APE Galicia, segue crecendo e sumando membros, e que a día de hoxe representa a 60.754 traballadores e traballadoras autónomos.

Tras a súa intervención, deuse paso ao relatorio programado dentro da orde do día. Juán Lirón Lago, Subdirector Xeral de Emprego, presentou as distintas lineas de apoio que a Xunta de Galicia está a poñer ao dispor do colectivo autónomo e que deu por finalizada para recibir a visita de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

O conselleiro, que chegou acompañado do Director Xeral de Orientación e Promoción Labora, Pablo Casal, mantivo un encontro coa Xunta Directiva desta entidade e o resto de asistentes.

Durante a súa intervención, sinalou que "o asociacionismo é clave para colaborar coa Administración no impulso do colectivo autónomo, e canalizar as súas inquietudes e demandas", e tivo a oportunidade de escoitar as propostas dos asistentes. Ademais apuntou que "o labor da Administración non é só apoiar aos autónomos e autónomas para que poidan emprender e consolidar os seus negocios, senón tamén facilitar a conciliación, as novas oportunidades ou a transmisión xeracional, tal e como recolle a Estratexia Autónomo 2020".

Desde APE Galicia, agradecemos a colaboración da nosa Xunta Directiva, ademais da asistencia de todos os membros e representantes das distintas asociacións vinculadas, e a dispoñibilidade que sempre ten coa nosa entidade a Xunta de Galicia.