Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Axudas ao Comercio Galego da Xunta de Galicia e conta con un orzamento de 3 millóns co que se pretende movilizar uns 10,5 millóns de euros e crear 150 postos de traballo, ademáis da redución do consumo enerxético e das emisións de CO2
Este programa correspondente á Consellería de Economía e Industria, dirixida por Francisco Conde, conta cun orzamento inicial de 10 millóns de euros que se repartirán en bonos desconto de 30 euros, dos que se poderán beneficiar máis de 330.000 clientes, co que se movilizarían uns 55 millóns de euros en vendas.
A partir de mañá, 15 de abril, os comercios xa poderán rexistrarse ao programa BONOS ACTIVA COMERCIO, a través da web www.bonosactivacomercio.gal da Xunta de Galicia.
Os bonos estarán dispoñibles na mesma web para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Hoxe saiu publicada no DOG a convocatoria para a solicitude de renovación ou nova formalización de créditos, débedas e garantías, co IGAPE co obxectivo de seguir facilitando liquidez aos colectivos empresariais máis afectados pola actual situación económica mentres recuperan a súa actividade.
Trátase dunha nova iniciativa da Xunta de Galicia para o apoio de pemes e persoas traballadoras autónomas máis perxudicadas polas medidas sanitarias restritivas derivadas pola pandemia
O programa diseñado pola Dirección Xeral de Emprego coa colaboración da Federación Galega de Comercio ten unha inversión de 10 millóns de euros destinados á reactivación do consumo no comercio local con descontos que poderán ser de 5 euros por compras iguales ou superiores a 30 euros ou de 10 euros por compras iguales ou superiores aos 50 euros.